miércoles, 27 de enero de 2021

CELIA RECOMENDA...

Retomamos os xoves de recomendacións lectoras, nesta ocasión Celia recomenda...

    "CUENTOS DE AQUÍ Y DE ALLÁ"


Agardamos que vos guste e vos animedes a ler este fermoso e interesante libro!


miércoles, 20 de enero de 2021

EMOTICENTI INFANTIL :CATÁLOGO DE BICOS

Seguimos co PDI Emoticenti, o cal temos enfocado actualmente aos bicos. A finais do pasado trimestre comezamos a centrarnos en quen nos deu o noso primeiro bico, e neste xa estamos profundizando en investigar que tipos de bico damos (coñecendo tanto os que damos nós como os que dan os nosos compañeiros e compañeiras, podendo comezar así a bicar dunha nova forma). Con eles creamos un catálogo de bicos nas tres clases de Educación Infantil, e que poderán visualizalo sempre que queiran, pois queda gardado nas nosas bibliotecas de aula.

Esta semana tamén estivemos traballando as formas de saudar que teñen noutros países, diferentes ao noso, nas que non empregan os bicos ou que non o fan como facemos nós. Así, poden coñecer un pouquiño máis das outras culturas. A verdade é que lles chamou a atención e incluso provocou gracia e estrano algúns dos que traballamos.





lunes, 4 de enero de 2021

NADAL CREATIVO

Este ano estreámonos como biblioteca creativa e é por iso polo que moitas das nosas propostas no Nadal foron nesa liña. 

Por una banda, levamos a cabo actividades con realidade aumentada: coa aplicación Quiver, decoramos unha casiña de xenxibre e unha árbore ben bonitas, despois escaneámolos coa tablet e puidemos observar como se "facían realidade". Tamén enchemos as aulas de árbores de Nadal coa aplicación "Dr. Panda AR Christmas Tree". 

Por outra,  puxemos guapo a Papa Noel cortándolle o pelo e incluso convertíndoo no Apalpador coa App "Toca Hair Salon Christmas Tree". 



Tamén aproveitamos estas datas para adentrarnos no mundo da electricidade e facer unha postal de Nadal cun circuito de papel. O noso protagonista non podía ser outro que a nosa mascota: Centi, debuxado por Mara, alumna de 6º B! Mil grazas a ela!

Dende o equipo de biblioteca elaboramos unhas pequenas instrucións que vos deixamos a continuación, e a experimentar!


Aquí vos deixamos o proceso:



E o resultado!








lunes, 21 de diciembre de 2020

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS (Decembro)

 Aquí vos traemos unha nova edición  do noso programa de radio“Crónicas de Centieiras" coa participación das nenas e nenos de 5º de Educación Infantil e de 3º de Educación Primaria.





Esperamos que vos guste!


sábado, 12 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Neste ano tan diferente, elaboramos as nosas recomendacións lectoras de Nadal en formato dixital, aquí as deixamos agardando que gocedes das lecturas.

viernes, 11 de diciembre de 2020

DÍA DA DIVERSIDADE

O pasado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o cole fixemos diferentes actividades: traballamos as emocións con diferentes contos como por exemplo: "Por 4 esquinitas de nada", escoitamos e familiarizámonos coa lingua de signos bailando e imitando con Magín Blanco a súa canción de "Todos somos capitáns", elaboramos o noso nome en Braille, visualizamos diferentes curtametraxes e os e as maiores recibiron a visita especial de Jose, que lles contou o seu día a día...Foi un gran día de aprendizaxe! 



Dende Biblio Creativa tamén puxemos o noso graniño de area e elaboramos diversos paneis para traballar co escornabot. Por unha banda elaboramos uns paneis co alfabeto dactilolóxico nos que os nenos e nenas tiñan que mover o escornabot polas diferentes letras para formar o seu nome e por outra quixemos resaltar o papel de diferentes deportistas de élite con algunha discapacidade para visibilizar deste xeito que as discapacidades non supoñen unha barreira!



"No único no que somos iguais é en que somos diferentes!" Diferentes na forma de sentir, de comunicarnos, de ser, de pensar de estar...
Feliz día!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

O mes de novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e en Biblio Centi levamos a cabo diversas actividades para celebralo.

Dende Biblio Creativa elaboramos uns paneis de escornabot con tarxetas informativas. A finalidade foi dar a coñecer científicas de diversos campos e coa información aprendida levar o escornabot dende a imaxe da científica ata o seu maior logro pasando polo seu nome. Levamos a cabo todas as medidas sanitarias e a actividade foi todo un éxito!

En 1º e 2º de Educación Primaria non quixemos desaproveitar esta oportunidade para traballar o texto instrutivo a través de diferentes experimentos científicos. Escribimos os experimentos a realizar paso a paso e despois levámolos á práctica!




jueves, 10 de diciembre de 2020

EMOTICENTI INFANTIL: SEMANA DAS CHAVES

A semana pasada as nenas e nenos de infantil adicámola á SEMANA DAS CHAVES.

Empregamos as chaves  para traballar o PDI de centro, a partir do conto "Las llaves de los sueños".

Nela, grazas ás chaves que trouxeron das súas casas, poidemos realizar distintas actividades: estampación da pegada en plastilina, clasificacións atendendo a distintos criterios, busca das chaves perdidas na area, debuxo da súa silueta, asociación chave- sombra, construción de distintas figuras, desenvolvemento de disintas rutinas de pensamento a partir das Chaves de Pensamento,... 

Como actividade final cada nena e neno elaborou a súa propia chave dos soños. 

Con todas elas creamos unha bonita exposición no hall de infantil.


EMOTICENTI INFANTIL :QUEN CHE DEU O TEU PRIMEIRO BICO?

Quen che deu o teu primeiro bico? Con esta frase e todos os bicos que as nenas e nenos trouxeron da casa abrimos un novo capítulo no PDI “Emoticenti”. Máis ca nunca, nesta época na que o contacto e as mostras de afecto tiveron que limitarse a un choque de cóbados ou a un simple cruce de miradas queremos resaltar a súa importancia, pois os bicos son a expresión da alma, un acto universal co que expresamos os nosos sentimentos máis profundos.



martes, 8 de diciembre de 2020

DÍA DA DISCAPACIDADE EN INFANTIL

 Este xoves día 3 de decembro celebramos o día Da Discapacidade nas aulas e  estivemos vendo o vídeo do conto “Por cuatro esquinitas de nada”.Gustounos moito e visualizámolo varias veces. Con este conto falamos do que é ter dificultades e da forma na que podemos axudar para sentirnos todas e todos mellor e  ser capaces.Tamén interaccionaron cos escornabots e os taboleiros da linguaxe de signos, onde tiñan que moverse ao mesmo tempo que practicaban coas súas mans.

 O enlace do conto   https://www.youtube.com/watch?v=XmYstzKiZog

O equipo de educación infantil.

jueves, 3 de diciembre de 2020

 Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por ese motivo, desde a biblioteca queremos recomendarvos unha serie de lecturas. Esperamos as desfrutedes!


miércoles, 2 de diciembre de 2020