lunes, 21 de marzo de 2022

DIA DA POESÍA 2022

Este ano celebramos por todo o alto o "Día da Poesía". Queredes saber en que consistiu a actividade?
Primeiro de todo nas diferentes titorías traballamos esta tipoloxía textual tan especial: lemos poesía, vimos diferentes modelos, rimamos... 
A partir de aí inventamos a nosa propia, que tiña que ter como temática "A ciencia", algúns cursos escribiron sobre a ciencia en sentido amplo e outros, sobre aquel aspecto concreto que están a traballar dentro do proxecto documental integrado.
Feito isto, pasamos a limpo a creación e ilustramos para que quedara ben bonito.
Logo as profes encargáronse de encadrar os poemas e estes levaronse a diferentes comercios da localidade que expoñerían as nosas obras de arte nos seus escaparates para que os nenos e nenas os atoparan, se os atopaban, tiñan que cubrir a seguinte folla de rexistro. 




Esta actividade foi un verdadeiro éxito, deu gusto ver aos nenos e nenas buscando e lendo poesía polas rúas!



    

      

E, desta vez, participar tiña premio! Polo que os nenos e nenas que partiparon nesta iniciativa recibiron uns bulbos de gladiolos que de seguro que florecen ben fermosos.



Grazas nenos e nenas por participar, polo interese e pola implicación e grazas familias pola colaboración! 

 



viernes, 18 de marzo de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FENE

O xoves día 17 de marzo, o alumnado de educación infantil fixo unha visita á biblioteca municipal de Fene e á exposición " Un cordero bala entre dos montañas" de Sofía Piñeiro.Así o alumnado máis pequeno do cole puido ollar unhas pinturas moi coloridas e cheas de significado. 

A continuación, visitaron a Biblioteca Municipal, espazo coñecido pola maioría dos nenos e das nenas, ao que sempre gostan de ir para desfrutar da lectura.

lunes, 14 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 Ao longo da semana pasada celebramos no centro a "Semana da Prensa" e como non, esta conmemoración tamén tivo un toque moi científico. 

Educación Infantil, 1º e 2º encargáronse de buscar novas científicas en diferentes xornais para posteriormente elaborar un mural no que se recolleu toda a súa procura. 



Terceiro e cuarto convertéronse en xornalistas por un día elaborando novas científicas! 
Posteriormente, creouse un xornal con todas elas que se repartiu nas diferentes aulas para que todo o cole as puidera ler.  Deixámosvos aquí algún exemplo.



Como xa sabedes, o alumnado de terceiro ciclo recibiu unha formación moi moi interesante na que traballaron as fake news. 

viernes, 11 de marzo de 2022

CONMEMORAMOS O 8 DE MARZO

O pasado 8 de marzo celebramos no centro o "Día da Muller".

Para conmemorar este día cada aula investigou previamente sobre unha científica e decorou un paraugas con datos sobre a súa biografía e os seus achados para a ciencia. Algunhas das elixidas foron: Ángeles Alvariño, Olimpia Valencia ou Isabel Zendal.

Con todos os paraugas creouse unha exposición na planta baixa da escola. Quedaron chulísimos. 





Outra actividade que realizamos estes días foi un mural con fotos das mulleres máis importantes das nosas vidas.

Ao final da mañá, todo o alumnado reuniuse na pista cuberta para bailar a canción Morra o Conto da Banda da Loba. 

Deixámosvos por aquí o vídeo deste acto tan emocionante. 

miércoles, 9 de marzo de 2022

2ªFORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS "AS FAKE NEWS"

O martes 8 de marzo tivemos de xeito virtual unha formación en Fake News ou noticias falsas, enmarcada dentro do programa de biblioteca "Lectura e familias". Esta formación foi dirixida ás familias, e paralelamente e de forma presencial, houbo unha formación máis específica para o alumnado de 5º e de 6º a través de obradoiros prácticos.
María, periodista da axencia Pingota Comunicación, explicounos que eran as fake news, os distintos tipos que hai e como recoñecelas. E fixo especial fincapé na importancia de frear a súa difusión, evitando compartilas cando as recibimos ou as lemos. Así mesmo, incidíu en que sempre debemos ser críticos/as coas noticias que lemos, e pensar se poden ser certas ou se poden tratar de bulos.

martes, 8 de marzo de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 8 DE MARZO

 Dende o equipo de biblioteca propoñémosvos estas interesantes lecturas para conmemorar este 8 de marzo: "Día da Muller". 





sábado, 5 de marzo de 2022

UN ENTROIDO CIENTÍFICO

 Seguindo o noso proxecto documental integrado os nosos disfraces deste ano non podían ter outra temática que non fora a ciencia! Así de guapos e guapas fomos a dar un paseo por Fene!

Agradecer infinitamente á ANPA que fixo este fermoso photocall no que posamos. 

miércoles, 2 de marzo de 2022

ENTROIDO CREATIVO

Sempre é unha boa oportunidade para introducir na aula un pouquiño de realidade aumentada, e si é no entroido e a través de caretas aínda máis. 

Cada neno e cada nena elixiron un modelo, decorárono ao seu gusto e logo... cobrou vida!

Todo isto coa app de "Quiver mask".

1º FORMACIÓN LECTURA E FAMILIAS

O pasado venres 25 de febreiro tivemos na biblioteca do centro a primeira formación enmarcada dentro da iniciativa "Lectura e Familias". 

Partimos do que sabiamos sobre a lectura para mergullarnos de cheo naquelas cousiñas que queríamos saber. 

Ademais da tratar a temática propiamente dita con propostas de actividades para traballar aqueles prerrequisitos da lectura e escritura, para o traballo da conciencia léxica, silábica... xurdiron outras inquedanzas: motivación, alento... 

Todo isto deu pé a unha reflexión conxunta e a compartir experiencias, tecendo fíos necesarios entre escola a familia. 


Grazas Laura por este tempo adicado e por transmitir tanto.