sábado, 31 de octubre de 2020

CONTACONTOS VIRTUAIS

Outra das actividades que comezamos a levar a cabo esta semana tan importante na que celebramos o "Día das bibliotecas escolares" foron os contacontos a través da nosa aula virtual.  Esta lectura de contos no momento lector dos xoves será unha tarefa dos "voluntarios lectores" deste ano. 

Este xoves pasado foron Lúa e Martina as que nos agasallaron con "Corre, corre, cabaciña!"

Moitas grazas!







CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Para celebrar o Día Das Bibliotecas Escolares puxemos a andar as "Mochilas Viaxeiras" este ano con algún cambio para adaptarnos á nova situación: as mochilas sairán os venres e regresaran ao centro os mércores para poder deixalas 48 horas en corentena e evitar riscos. 


Que nada nos impida gozar da lectura! 


lunes, 26 de octubre de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS



O pasado 19 de outubro nas aulas de 1º e 2º para celebrar o Día das Escritoras traballamos sobre Gloria Fuertes. Primeiro limos a súa biografía utilizando o conto "Gloria Fuertes Pequeña & Grande" e  despois  "¿Cómo se dibuja una bruja?" do seu libro Poemas de la Oca Loca. Por último debuxamos unha bruxa tal e como nos mandou o poema.

Aí vos quedan esas fermosas bruxas cos nenos e nenas de fondo recitando o poema. 

jueves, 22 de octubre de 2020

XORNAL O PAPAGAIO

Volve o Papagaio! 

O novo xornal xa está polo cole e a partir da vindeira semana irá viaxando  polas aulas. Cada día só o poderá ler un neno ou nena xa que teremos que deixalo en corentena ata o día seguinte. 

Boa lectura!



lunes, 19 de octubre de 2020

COÑECEMOS O NOSO CORPO

Dentro do noso proxecto documental integrado: EMOTICENTI,  nas aulas de 1º e 2º estamos a crear un "Atlas do Corpo Humano" no que de seguro non faltarán páxinas adicadas ao benestar emocional!

Para coñecer que era iso do "atlas" recorremos á biblioteca onde puidemos atopar varios exemplares que nos serviron de modelos, vimos que tiñan índice, que estaban organizados por apartados e categorías... e estivemos a coller ideas para elaborar o noso propio. 

Polo momento comezamos elaborando a portada así como as primeiras páxinas na que estarán os ósos e os músculos. 




Non perdades a pista porque de seguro que nos queda un libro moi interesante!

A NOSA BOTELLA DA CALMA

Os comezos son difíciles: cambios, medos, angustias, nerviosismo... por iso nas clases de 1º e 2º, estivemos a realizar a nosa "botella da calma" para poder acudir a ela sempre que necesitáramos. 

Primeiro vimos as instrucións en vídeo, despois, fixemos as botellas e por último, unha vez feitas, elaboramos o noso propio texto instrutivo onde escribimos ben clariño e paso a paso todo o que fixemos previamente.  Estas instrucións serán moi útiles xa que lles servirán aos nenos e nenas de infantil para facer as suas!




COMEZAMOS O NOSO PDI!

Este ano máis que nunca, cobra vital importancia manternos sans e sas e é por iso polo que o tema que decidimos traballar no noso Proxecto Documental Integrado é o benestar físico e emocional. 

O primeiro paso foi pensar un título que representara ben as ideas que tiñamos sobre o que nos gustaría afondar, investigar e tratar de experimentar. En cada aula, tras unha votación democrática saiu un título elixido, e con eles realizamos unha pequena enquisa onde os nenos e nenas votaron para elixir o definitivo que foi: EMOTICENTI.


Unha vez elixido o título puxémonos a deseñar unha ilustración acorde con el, ollade algunha desas propostas tan bonitas!





Pronto vos contaremos a sorpresa que temos argallada con estes debuxos!