jueves, 28 de noviembre de 2019

Xoves de contos


Como xa saberedes, todos os xoves as nenas e os nenos de 6º contan un conto durante o recreo na biblioteca para o alumnado que queira asistir. As propias contadoras escollen o conto que van ler, preparan a lectura e fan un debuxo anunciando o contacontos. Cando chega o día, anuncian o conto por megafonía ás 9 da mañá, para que todo o alumnado da escola o escoite e, a continuación, reparten un convite para cada clase.


Este xoves, foi o turno de Noa e Paula, que contaron Orellas de Bolboreta. A biblio estaba ateigada e elas fixérono de marabilla!









miércoles, 27 de noviembre de 2019

Obradoiro de igualdade

Hoxe veu Lidia a contarnos un conto moi fermoso sobre a igualdade e acabamos manchando todas e todos as mans de lila para facer un mural que deixaremos pendurado na biblioteca.


martes, 26 de noviembre de 2019

Comezamos cos amadriñamentos/apadriñamentos lectores



Esta semana tivemos a sorte de comezar a compartir momentos lectores cos afillados e afilladas. Os padriños e as madriñas foros buscar aos pequenos/as ás súas aulas e despois estiveron léndolles contos. Algúns estiveron na biblioteca , outros no recanto das familias e polos corredores.
Ollade que vén estiveron:





domingo, 24 de noviembre de 2019

AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Ao longo da semana semana pasada tivo lugar na nosa biblio un acontecemento moi importante: asinamos os contratos de amadriñamento lector! Como podedes ver na imaxe isto supón tanto un compromiso por parte dos pequenos e pequenas do centro como por parte dos maiores, compromiso á escoita, compromiso á atención... Asinar un contrato é algo moi serio!




Que faremos a partir de agora?
Agora que todos os nenos e nenas do centro teñen unha madriña ou un padriño lector, sempre de cursos superiores, xuntaranse unha vez á semana na hora de ler para que estes lles lean un conto. Tratamos deste xeito de favorecer o hábito lector así como favorecer a socialización entre o alumnado de diferentes niveis.



jueves, 21 de noviembre de 2019

Xoves de contos


Hoxe estreáronse Aitor e Diego como contadores. Escolleron o libro "Manu"

 No recreo contaron o conto, o público estaba moi atento!!


jueves, 14 de noviembre de 2019

Contamos no recreo


Hoxe foi o turno de Lara e Abril. Estiveron con nós no recreo para contarnos "Cocorico"




Fixérono xenia e o  público quedou encantado!!

miércoles, 13 de noviembre de 2019

Inauguración de Recanto de Construcións

Hoxe tivemos unha grande novidade na biblioteca, inauguramos o "Recanto de Contrucións". Xa podemos idear crear e disfrutar do novo material.








jueves, 7 de noviembre de 2019