domingo, 26 de abril de 2020

O DÍA DO LIBRO EN PRIMEIRO



Ao longo de toda a semana na que se celebrou o "Día do libro", os nenos e nenas de primeiro realizaron diferentes propostas dende a casa: construiron e mediron ás construcións de libros, inventaron portadas e títulos, fixeron o acróstico de "Día del libro" e tamén inventaron contos. Que bo traballo e canto esforzo! Sodes uns campións e campioas! 

Canción : "Heiche de contar un conto" incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça, Editorial Galaxia.

sábado, 25 de abril de 2020

PDI: O camiño de Santiago

Se queres continuar co noso Proxecto Documental Integrado a web "Pinta y Pinto" está a liberar mapas para colorear de diferentes temáticas e unha delas é o Camiño de Santiago.

Para descargalo fai clic AQUÍ. 



miércoles, 22 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR




Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e do dereito de autor a través deste fermoso texto co que nos agasalla o xornalista Manuel Gago


e coa proposta que vos fixemos de FAME DE PALABRAS, coas vosas fotos e libros "que quedarán gardados nos vosos peitos".





DÍA DO LIBRO. FOTOS

Con motivo do 2 de abril, Día Internacional do libro infantil e xuvenil e aproveitando que hoxe é o Día do Libro, presentamos os libros favoritos dos nenos e nenas de Centieiras.
Que mellor momento que este no que temos que quedar na casa para aproveitar e mergullarnos na lectura e deixar voar a imaxinación indo a lugares fantásticos.
Moitas grazas a Migallas Teatro por deixarnos usar esta fermosa canción para este día tan especial!

DÍA DO LIBRO. MÁIS CONTOS

Emma, Lucas e Estela, Lara, Ariadna, Áfrika e Zoé, Carmela aproveitaron este día para contarnos un conto.

DÍA DO LIBRO. CONTOS

Tamén Martín xunto coa súa familia quixeron aproveitar para compartir con nós un conto.

DÍA DO LIBRO RECOMENDACIÓNS

Ademais para celebrar este Día do Libro algúns nenos e nenas quixeron facernos as súas recomendacións lectoras.

NEREA LE ACOMPAÑADA O DÍA DO LIBRO



sábado, 18 de abril de 2020

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A Xanela do Maxín ofrécenos o vídeo da obra completa:  " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".
Disfrutádea!


Feliz feroz. O lobiño riquiño

Se queredes coñecer toda a historia de "Feliz Feroz, o lobiño riquiño". El Hematocrítico. Podedes ler o libro completo premendo na imaxe:

jueves, 16 de abril de 2020

O Papagaio (número de abril)


O Papagaio estaba desexando saír voando ate a Biblio de Centi para achegarvos todo o que preparou para o número de Abril, pero parece que imos ter que ficar na casa algúns días máis, así que vos envía unha versión dixital para que poidades ollala e desfrutala na casa.


A NOSA BIBLIOTECA

Deixámosvos un pequeno vídeo da nosa biblioteca con todos os cambios que tiveron lugar neste curso 2019-2020.  Agardamos que vos guste!
Música: Nun libro de Paco Nogueiras. 
Grazas por deixarnos usar esta canción tan adecuada ao momento!

martes, 14 de abril de 2020

15 de abril. Dia Mundial da Arte


Hoxe é o Dia Mundial da Arte, data que busca dar a coñecer a importancia que ten a arte e o pensamento creativo. 

Estableceuse este día por ser o nacemento dun dos maiores artistas da humanidade, de Leonardo da Vinci: pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta, biólogo...

Centi quere celebralo acompañándovos  por estes museos:


Agardamos que vos guste a visita!

Enquisa mellora da biblioteca.

Estimadas familias:
Este ano comezamos no centro co PLAMBE (Plan de Mellora da Biblioteca Escolar) que ten como finalidade unha renovación da mesma. Dentro deste proxecto de innovación da Consellería, establecemos ao comezo de curso unha serie de obxectivos de diferente natureza: aumentar os fondos bibliográficos e recursos en xeral, renovación de espazos, mellorar as competencias informacionais no alumnado ou aumentar a participación de diferentes sectores da sociedade nas actividades que se levan a cabo.
Así mesmo, vencellado a isto levamos a cabo un PDI (Proxecto Documental Integrado) é dicir, un proxecto de centro -cuxo motor é a biblioteca- no que o alumnado de todos os cursos, cunha liña temática común indaga e aprende sobre diferentes aspectos do mesmo a través de metodoloxías activas, e que culmina nun produto ou produtos finais. Como xa sabedes, o tema deste curso foi o Camiño de Santiago.
Froito destas novidades gustaríanos dende o Equipo de Biblioteca contar coa vosa opinión sobre os cambios acontecidos neste curso 2019-2010 así como coas vosas propostas de mellora e suxestións de cara aos vindeiros cursos.
Para garantir o anonimato na realización dos cuestionarios non é preciso indicar unha conta de correo electrónico e é por isto polo que rogamos que realicedes o cuestionario SÓ unha vez.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Facendo clic, accederedes á mesma:
ENQUISA

Tedes ata o 21 de abril!

Búsqueda de información

Xa na aula de 6º de Educación Infantil aproveitan para ademais de iniciarse na lectoescritura e o traballo de conciencia fonolóxica, tratar a búsqueda e tratamento de información, neste caso no dicionario.
Nun primeiro momento, os nenos e nenas tiñan que buscar unha letra determinada que lles di un adulto, para máis adiante buscar unha palabra tendo en conta a letra pola que comeza. 
Nestas fotos, concretamente, amosamos como realizan esta actividade nos grupos interactivos que se organizan no centro en EI e 1º de Educación Primaria. 



Contos no 8 de marzo

Para celebrar a conmemoración do 8 de marzo: Día Internacional da Muller, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose que cada nivel modificara un conto tradicional e o liberara dos estereotipos sexistas que contiña.
Cando isto estivo feito, o 6 de marzo, reunímonos todo o colexio na biblioteca para contarnos os contos modificados.
Foi un acto moi especial e emotivo, ollade como ensairon na clase as nenas de primeiro para facelo estupendamente ese día e que ben contan os nenos e nenas de Educación Infantil.




Semana da Prensa

Como xa vos contamos, ao longo da Semana da Prensa levamos a cabo unha serie de actividades entre as que destacamos a visita de Evaristo Amado ou a visita dos nenos e nenas a Radio Voz.
Ademais de todo iso, dende a biblioteca propuxemos que cada nivel creara unha portada dun xornal cuxo contido se decidira nas diferentes clases en función dos acontecementos reais ou inventados que tiveran lugar nas mesmas. Aprendimos así as diferentes partes das que contan as portadas: Cabeceira, titular, noticia principal, publicidade e noticias secundarias.
Por aquí vos deixamos algunhas fotos tanto do proceso de elaboración como das propias portadas.
Ollade que chulas quedaron!






FAME DE PALABRAS



Bo día rapazada!

Como sabedes, o 2 de abril foi o Dia Internacional do libro infantil e xuvenil, data de nacemento de Hans Christian Andersen. E o 23 de abril é o día internacional do libro.
Para promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos, desde a biblio de Centi queremos facervos unha proposta,  aínda que sexa de forma virtual.
En que consiste? Moi doado. Collemos o libro que estamos a ler ou xa rematamos. Facémoslle unha foto, ben ao libro só, ou ben a nós co libro. E enviamos a nosa foto ao correo da biblioteca: bibliocenti@gmail.com antes do 21 de abril.
Se hai alguén máis animado/a, pode gravar un pequeno video no que presentedes o libro, digades o título, autor/a e contedes brevemente o que máis vos gustou ou vos está gustando.
Animádesvos a participar?




miércoles, 8 de abril de 2020

Coñecemos Fene!

Durante o segundo trimestre o alumnado de 1º de Educación Primaria na área de Ciencias Sociais e co fin de traballar aspectos relacionados coa vida en sociedade e co coñecemento das características básicas da contorna próxima indagamos un pouquiño sobre o noso Concello.
Para iso, contamos coa colaboración das familias que nos proporcionaron tanto trípticos de información turística como bibliografía.
Limos entre todos dita información, observamos as imaxes por si coñecíamos algún lugar que se amosaba nelas e por último intentamos xerarquizar e clasificar dita información facendo un "thinking map" intentando deste xeito iniciarnos no tratamento da información.



jueves, 2 de abril de 2020

Día do libro infantil e xuvenil

Bo día!
Hoxe pola tarde para celebrar o día do libro infantil e xuvenil, convidámosvos a cantar con Paco Nogueiras desde as vosas casas. 
Animádevos a asistir ao concerto!

Contos Contados de Kalandraka

A editorial Kalandraka ten unha canle para que poidades ver moitos contos:
A cebra Camila, un becho estraño, a que sabe a lúa, e moitos máis!
Clicade na imaxe e poderedes ver moitos dos vosos preferidos.



Xornal Papagaio

Estes días tamén podedes ollar desde as vosas casas O Xornal Papagaio. Déixámosvos os números deste ano.

Para iso, só debedes premer no seguinte enlace:




Libros para ler de 4 a 6 anos

Baía Edicións agasállannos cuns libros para poder desfrutar deles neste confinamento.


Premede nas imaxes para acceder a eles.

De 4 a 6 anos













































































Unha aperta forte desde a biblio.

Libros para ler de 6 a 10 anos

Para o alumnado de 6 a 10 anos:

























Libros de 9 a 10 anos

A continuación deixamos dous libros para que poidades entretervos un pouco estos días.
Premede nas imaxes:



miércoles, 1 de abril de 2020

O corpo humano

No segundo trimestre na aula de 1º de Educación Primaria traballamos o corpo humano. Para iso primeiro utilizamos diferentes fontes para informarnos sobre os aspectos máis relevantes: libros da biblioteca, libros proporcionados polas familias, tablet, vídeos... e despois elaboramos un lapbook para plasmala.
E aínda que nos queda un pouquiño para rematalo ollade que ben estaban a quedar!