domingo, 29 de mayo de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

Achegámonos ás vacacións de verán, e que mellor maneira de gozar das vacacións que lendo un bo conto?

Aquí deixámosvos as nosas propostas.

domingo, 22 de mayo de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E AO MUSEO DO HUMOR

 A pasada semana, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º fomos a visitar O Museo do Humor, onde se atopa a nosa  Biblioteca Municipal.

Foi unha xornada moi divertida e con diversas actividades. 

Por unha banda Carolina, a bibliotecaria de Fene, contounos como estaban organizados os libros, que tiñamos que facer si queríamos ser socios e socias da biblioteca… e un montón de cousas máis!

Tamén tiña organizado para nós unha búsqueda do tesouro! Fomos descubrindo pistas ata chegar a el! Un lote de libros para cada aula!

Moitas moitas grazas Carolina pola implicación e a paciencia!

Por outra parte, tamén alí nos esperaba Almudena,  a que nos fixo unha visita guiada a exposición que está actualmente no Museo do Humor. Esta é sobre Xaquín Marín un pintor fenés. Encantounos ver os diferentes personaxes!


CONTOS DE BOCA EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Poñemos fin a unha das actividades que tanto nos gustou e que, por fin, puidemos recuperar este ano: contos de boca.

En Educación Primaria foi os venres o día elixido para que as familias voluntarias viñeran ás aulas a compartir con nós un ratiño de lectura e de gozo. 


Juana, Mariana, Sonia... e todos e todas os que viñestes algún venres -moi esperado sempre polos nenos e nenas- . Grazas pola implicación! 

IMPRESORA 3D

Sendo este o noso segundo ano de biblioteca creativa, recibimos orzamento para mercar unha impresora 3D.



Para coñecer o seu funcionamento, as profes recibimos unha formación dentro dunha das liñas de formación de profesorado que ten o centro, concretamente a relacionada con biblioteca creativa. Nesa tarde, Reyes, falounos de filamentos, de bobinas, de mantemento, de aplicacións didácticas... Aprendimos un montón!

Logo disto, foi a profe Iria a que levou todo isto á práctica co alumnado de Arts&Crafts dos niveis superiores do centro. Deseñaron e crearon chaveiros, portalapis... Unha auténtica experiencia que só acaba de comezar. 




Para o vindeiro curso, máis e mellor!



MES DO LIBRO

Este mes de abril conmemoramos o "Mes do libro" a través de diferentes actividades. 

Por unha banda, organizamos obradoiros de escritura creativa partindo das ideas de "El cuadernito de escritura creativa" de El Hematocrítico e do "Laboratorio Portátil de Escritura" de Díaz Reguera, as cales adaptamos aos diferentes niveis. 

Isto fixémolo cunha dobre finalidade, traballar a imaxinación e a escritura, por suposto, mais tamén darlles modelos ao alumnado para poder crear o noso cuaderniño de escritura creativa elaborado con aportacións dos diferentes niveis e que pasaría a formar parte dos nosos fondos da biblioteca, dentro de aqueles de elaboración propia. 

Aquí tedes o resultado!

 

Por outra, cada neno e cada nena escolleu o seu conto preferido, reflexionou sobre os motivos polos que lle gusta tanto e plasmouno nunha plantilla proporcionada polas mestras. Con todos estes títulos fixemos unha pequena exposición no patio cuberto. 

Quedou así de vistosa! 


Tamén, aproveitamos este mes para volver sacar ao patio os carriños con lecturas para que os nenos e nenas que quixeran puideran coller un conto no momento de lecer. 




domingo, 15 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano para conmemorar o "Día das Letras Galegas" e coñecer máis en profundidade ao autor homenaxeado, Florencio Manuel Delgado Gurriarán, levamos a cabo diversas actividades. 

Por unha banda, as propostas do Seminario Galán, este ano as propostas interactivas foron un verdadeiro éxito!

Por outra, en colaboración do equipo de dinamización da lingua galega realizaronse diversos taboleiros de robótica adaptados aos diferentes niveis tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria. Xunto con eses taboleiros  realizaronse uns trípticos con información complementaria e necesaria para poder resolver os retos robóticos propostos. 




miércoles, 11 de mayo de 2022

LECTURA E FAMILIAS: ESCRITURA CREATIVA

 Dentro do programa de innovación "Lectura e Familias" o pasado venres levouse a cabo un taller de escritura na biblioteca do centro. 

Este taller foi impartido por Antonio Fraga, o cal propuxo diferentes actividades para gozar da escritura en familia: creación de finais fantásticos e elaboración de historias tendo en conta diferentes consignas foron algunhas delas. Os nenos e nenas acompañados e acompañadas das familias deixaron voar a imaxinación dando lugar a historias moi divertidas!

domingo, 8 de mayo de 2022

SEMANA DAS MATEMÁTICAS ESCOLARES

Este 12 de Maio conmemoramos no centro o "Día das Matemáticas Escolares" para iso ao longo da semana levamos a cabo diferentes retos matemáticos como os que podedes ver na seguinte presentación, esta adicada a 1º e 2º.

 
A maiores, o mesmo día 12, nas titorías levamos a cabo obradoiros rotatorios de xogos matemáticos cos que practicamos diferentes contidos: cálculo mental, multiplicación, orientación espacial, lóxica... Foron un verdadeiro éxito!

sábado, 7 de mayo de 2022

VISITA EVA MEJUTO

O pasado xoves o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria recibimos a visita de Eva Mejuto.
Ela contounos moitísimas cousas! Traballou moitos anos nunha editorial e por iso nos falou das partes que compoñían un libro así como dos diferentes tipos de libros que existían en función do material da súa portada, da contraportada... 
Por suposto, tamén tratamos o conto "Dez gatiñas viaxeiras" e isto foi o que sen dúbida máis nos gustou xa que soubemos que estaba inspirado en gatiños e gatiñas reais das que nos ensinou fotografías! Foi unha visita moi emocionante que rematou coa firma dos exemplares dos nenos e nenas.