jueves, 31 de octubre de 2019

Maleta de ciencias

Coa maleta de ciencias comezamos novembro, "O mes da ciencia en galego nas bibliotecas"
Gústanos moito a ciencia, e esta maleta contén libros verdadeiramente apaixoantes. Ollade as fotos!!


miércoles, 30 de octubre de 2019

O Samaín

Este ano celebramos o Samaín por todo o alto. Disfrazámonos, e tivemos o cole repleto de obradoiros do máis terroríficos.
E por suposto, non puideron faltar as lecturas a escuras!

domingo, 27 de octubre de 2019

PEREGRINACIÓN ESCOLAR.

Ao longo de toda a semana pasada tivo lugar a I Peregrinación Escolar do Camiño Inglés, na que participou todo o centro.
Os máis pequenos percorreron a primeira milla, ata a Capela das Angustias, outros chegaron ata a Capela de Caranza e os máis maiores percorreron os 10 quilómetros que separan O Porto de Ferrol e o Mosterio de San Martiño de Xubia en Narón.

Foi unha experiencia xenial e aínda que acabamos un pouco cansos e cansas puidemos sentir un como se sinten os peregrinos e peregrinas.





jueves, 24 de octubre de 2019

Día das bibliotecas escolares


Hoxe, día das bibliotecas escolares, comezamos cunha actividade moi especial . A partir de hoxe, todos os xoves, virán os nenos e as nenas de 6º de EP a contarnos contos á biblioteca.
Hoxe, Aitana e Iago inauguraron co conto "Sopa Verde" de OQO Editora.

Eles elixiron este conto porque pensaron que lles gustaría aos nenos e nenas máis pequenos da escola. Aitana e Iago prepararon carteis para anunciar o contacontos, anunciárono pola megafonía pola mañá para que todas e todos se enteraran do evento e repartiron un cartel por clase para convidar a todo o alumnado.

No recreo a biblioteca estaba chea de nenos e nenas que querían asistir ao contacontos!
A actividade foi un éxito, os nosos contadores fixérono de marabilla!



Expurgo

Levamos uns días coa biblioteca un pouco desorganizada.... e é que estamos seleccionando libros para retirar, porque moitos están rotos e outros están desactualizados.

Detrás de Aitana e Iago, que hoxe nos viñeron a contar un conto, podedes ver a cantidade de libros que nos están a piques de abandoar.


domingo, 20 de octubre de 2019

Maleta de inclusión

Xa tiñamos gañas de que chegara a segunda "maleta viaxeira". Esta vez vén cargadiña cun montón de libros de inclusión.

martes, 15 de octubre de 2019

Maleta do Camiño de Santiago

Hoxe recibimos a primeira "maleta viaxeira". Está chea de libros do Camiño de Santiago.



Vennos moi ben para investigar cousas do noso PDI!

viernes, 11 de octubre de 2019

Saída das mochilas viaxeiras

Xa temos as mochilas viaxeiras preparadas para saír. Este ano veñen cun caderniño para que anotedes o que máis vos gusta.

jueves, 10 de octubre de 2019

O noso PDI

O pasado venres 27 de setembro tivemos a presentación do noso proxecto que nos levará durante todo o ano a descubrir, investigar e aprender sobre o Camiño de Santiago.

Sorprendímonos moito ao ver que o teito da biblioteca é agora un ceo estrelado, aprendimos uns primeiros datos sobre o camiño e os peregríns.

Centi tamén nos contou que estaba bastante aburrido na biblioteca e que quere facer o camiño. 

Entre todos e todas escollemos o nome do proxecto: 

Despois subimos ás aulas e xogamos ao xogo da oca, que parece ser que simboliza o camiño de Santiago... Vaia sorpresa! Esta foi a primeira de moitas e apaixoantes xornadas. 

lunes, 7 de octubre de 2019

FORO DE REFLEXIÓN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO.

O venres 4 de outubro foi un día moi importante no centro xa que tivemos a sorte de contar con
expertos e expertas do Camiño Inglés, nada máis nin nada menos que as familias dos nosos nenos e nenas!


Contárannos moitas cousas interesantes sobre a xente que coñeran polo camiño, sobre os monumentos importantes que viran, sobre os albergues onde se quedaron... tamén nos falaron das cousas imprescindibles que levaron na mochila.
Trouxéronnos ademais un montón de fotos e ata a Compostelana para que a puidéramos ver!
Despois tivemos un tempo para preguntarlles  todas as dúbidas que nos xurdiron e tamén outras que tiñamos preparadas como bos e boas entrevistadoras.
Foi unha xornada moi bonita na que aprendemos un montón.
Moitas grazas pola vosa colaboración e voltade cando queirades!




martes, 1 de octubre de 2019

Benvidos e benvidas

Ola a todas e a todos!

Son Centi, xa me coñecedes. E veño pra contarvos que estou na biblioteca argallando moitas cousas sobre o Camiño de Santiago.

Estades preparados e preparadas para comezar esta andaina?

Agárdovos na biblioteca coa miña amiga Xela, a peregrina.Vémonos pronto!