domingo, 23 de enero de 2022

DÍA DA ESCRITURA A MAN

 Esta semana celebramos o día da escritura a man.

Primeiro visualizamos nas diferentes aulas a seguinte presentación para aproximarnos un pouco á temática.

Despois xa nos puxemos mans a obra, comezamos polos trazos básicos e fomos avanzando ata xa a escritura de alfabetos variados e incluso de palabras sen modelos! Adicámoslle un ratiño cada día ao longo da semana. 



As e os maiores do cole fixeron ademais un proxecto final no que plasmaron diversas localizacións de Fene e escribiron os seus nomes.
Esta foi unha iniciativa nova neste curso escolar pero que seguro manteremos no tempo debido ao éxito que tivo entre o alumnado. 


miércoles, 12 de enero de 2022

CONCURSO COREOGRAFÍATE

Un grupiño de nenos e de nenas de 5º de educación primaria presentouse ao I Concurso "Coreografíate" organizado pola AS-PG.

Estiveron traballando arreo para que a coreografía lles saise o mellor posible e poder facer o vídeo para participar no concurso, coa canción "Figa" das Tanxugueiras. Inventaron os pasos, ensaiaron moito... e vestíronse para a ocasión.

Fixérono tan ben que GAÑARON O 2º PREMIO!!

Deixámosvos o vídeo para que o comprobedes vós mesmos e mesmas.




lunes, 3 de enero de 2022

FAMILIAS NO PDI "PINGAS DE CIENCIA" 1º trimestre

 Foron varias as familias que colaboraron con experimentos, charlas ou experiencias no PDI. Acudiron ás aulas de nfantil e amosaron o que prepararon,o seu traballo ou o seu pasatempo para así coñecer partes da ciencia, circuito eléctrico, robots e luz fluorescente.



domingo, 2 de enero de 2022

NADAL CREATIVO

Este Nadal, dende biblioteca creativa propuxemos unha actividade diferente: e elaboración de adornos para a árbore de Nadal utilizando "hama beads", os cales, son uns uns tubiños pequeniños de plástico que se funden coa calor do ferro de pasar.

Traballamos así a atención, a concentración, a motricidade fina a creatividade e, en moitos casos tamén a simetría.

Ollade algúns dos resultados!