martes, 31 de marzo de 2020

Educación Infantil segue aprendendo sobre o Camiño

Ao longo do segundo trimestre, en Educación Infantil seguimos a traballar moi intensamente sobre o noso PDI: O camiño de Santiago: 
Traballamos con mapas de diferentes camiños para chegar a Santiago, e traballamos a orientación polo cole.




Realizamos un "vexo, penso, pregúntome" utilizando a imaxe dun peregrino por un camiño e tamén reflexionamos sobre a roupa que se utilizaba para facer o camiño antes e agora.
Relacionado con isto, no Entroido, disfrazámonos de "peregríns antigos", na clase fixemos os complementos, e organizamos un taller de confección do traxe coas familias.

lunes, 30 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

RECANTO FEDELLEIRO

Dentro da pequena reforma que tivo lugar este ano na biblio, unha das novidades foi a creación de diferentes recantos, entre eles, o recanto fedelleiro de robótica -podedes velo na foto- onde elaboramos un taboleiro válido para diferentes robots. Aquí os nenos e nenas se inician na linguaxe computacional, o que axuda á secuenciación, ao pensamento lóxico, a mellorar a capacidade de abstracción e descomposición así como a representar a información de diferentes xeitos. 
Para utilizar con éxito este recanto primeiro traballamos un pouquiño nalgunas clases tanto coa programación de robots propiamente ditos, como programando e taboleiro a través de diferentes xogos como o bits and bytes, que tamén adquirimos este ano o cal é un éxito tanto nas clases de afondamento matemático como no tempo de recreo na biblio.




miércoles, 11 de marzo de 2020

Visita á biblioteca municipal e ao Museo do Humor

Hoxe as nenas e nenos de infantil visitaron a biblioteca municipal de Fene e o Museo do Humor.
Silvia, a bibliotecaria, explicoulles como se organiza a biblioteca e como se fan os empréstitos dos libros. Tamén tiveron un tempo de lecer para ollar libros.
Despois, grazas a Almudena, descubrimos quen é Xaquín Marín e a que se adica, mostrounos moitas pinturas e algunha escultura, xogamos cos espellos que transforman a nosa silueta e descubrimos unha sala moi escura na que todo o branco brilaba.
Foi unha mañá do máis entretida na que ademáis de pasalo ben, aprendimos moitas cousas.


martes, 10 de marzo de 2020

Visita a Radio Voz.

Con motivo da Semana da Prensa os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria realizamos unha visita a Radio Voz. Alí tivemos a oportunidade de coñecer o funcionamento da radio e incluso de gravar o noso propio programa. Foi toda unha experiencia!
Mil grazas a Isidoro Valerio pola implicación e polo trato.

martes, 3 de marzo de 2020

Aprendemos sobre a Catedral de Santiago.

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de E.P. tiveron unha visita moi especial que lles axudou a aprender un pouquiño máis sobre a Catedral de Santiago. Laura, a mamá de Martín que é arquitecta folounos sobre a proceso de construción, das diferentes torres que a compoñen, contounos un conto sobre as esculturas do Portico da Gloria... e ata nos trouxo unhas maquetas elaboradas por ela mesma.

Laura, mil grazas por vir!

Despois os nenos e nenas pintaron a súa propia versión do Pórtico.