jueves, 30 de enero de 2020

O día da paz

Hoxe foi un día moi especial. Tivemos a honra de poder celebralo co alumnado de Aspaneps. Fixemos un montón de obradoiros: construimos figuriñas con plastilina, utizamos hama beds para facer diferentes deseños relacionados coa paz, aprendimos a facer pulseiras con gomas e puidemos pintar moitísimos debuxos con símbolos da paz que nos traían preparados os compañeiros e compañeiras de Aspaneps.
Para rematar este día de convivencia, os nenos e as nenas de 5º e de 6º de educación primaria xunto co alumnado de Aspaneps, fixeron lecturas de textos pequeniños e mensaxes de paz para todo o alumnado. Finalizando coa interpretación da canción "Folerpas de Paz".
Agardamos repetir para o ano porque a experiencia foi marabillosa.






Axenda 2030

Desde a biblioteca traballamos para contribuír  no plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade,  seguindo a AXENDA 2030 para o desenvolvemento Sostible.

viernes, 24 de enero de 2020

Cinensino


    No cole levamos anos participando nesta actividade promovida polo Concello de Fene, un programa que emprega os medios audiovisuais como soporte e con fins didáctico- preventivos ensinando aos alumnos e alumnas actitudes e comportamentos máis saudables. Este ano a primeira película MIA Y EL LEÓN BLANCO  falounos da amizade, da lealdade e do problema da caza enlatada. Mª José, pegadoga do concello veu presentarnola a nosa biblioteca onde o alumnado de 5º e 6º compartimos e desfrutamos  co visionado deste filme.

lunes, 20 de enero de 2020

Familias lectoras

O venres pasado comezamos coa actividade "Contos de boca".


Paula, a nai de Xantal e de Tristán, veu contarnos  o conto "Los nuevos vecinos". Unha historia moi divertida creada por Sarah Mclntyre, que nos fala do medo ao descoñecido e dos prexuízos.

Encantounos a historia!









jueves, 16 de enero de 2020

Contamos no recreo

Encántannos os xoves porque semana tras semana continuamos cos contacontos na biblioteca.
Hoxe tocoulle o turno a Sara e a Nerea co conto "Tío Lobo".
Moitas grazas, rapazas!

jueves, 9 de enero de 2020

Contamos no recreo

Comezamos un novo ano con contacontos. Hoxe acompañáronnos Manuel e Alex con conto "Max e Lea"



Disfrutamos moito!

martes, 7 de enero de 2020

Comezamos a nosa andaina

O alumnado de Eucación Infantil neste primeiro trimestre aprendemos moitísimo sobre o Camiño de Santiago: 

Iniciamos o proxecto con actividades de  motivación, organizamos un foro de reflexión  coa participación da comunidade educativa que tivo a experiencia de peregrinar a Santiago.

Todos os nenos e as nenas preparamos os elementos imprescindibles para facer a súa mochila e coñeceron a importancia da cantimplora á hora de hidratarnos no camiño.




Fixemos unha sinalización  de frechas que atopamos á hora de facer o camino  e decoramos o corredor.

Investigamos moito sobre a como a cabaza que ademáis é propia do outono: tocamos, ulimos e bebimos dunha cabaza de verdade, secamos as sementes. No nadal decoraron cabazas de cartulina con motivos navideños para preparar un mural e decorar o espazo para a visita de Papá Noel .

Seguindo cos elementos que caracterizan a peregrinaxe escoitamos a lenda “O milagre do cabaleiro das  vieiras”  que levan colgada da mochila  e despois elaboramos unha con pasta branca e pintada de xeito creativo.

Tamén a través da destreza de pensamento dun Compara e contrasta entre o bastón que acompaña ao peregrino e outro de nadal.

Aprendimos o significado do habitual saúdo se te cruzas con alguén que peregrina “Bo Camiño”e traballamos o  trato de amabilidade. Escribimos diferentes carteis e en distintos formatos para facer un panel con todos eles axudados polo 4º curso de de primaria para escribir



E elaboramos un agasallo de nadal para as familias que consistía nun prato de pasta branca con purpurina a modo de baleirabolsillos  no que levaba inscrita a mensaxe “Bo Camiño”