lunes, 25 de octubre de 2021

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS VERTEBRADOS

O alumnado de 4º EP está a facer, en pequenos equipos, un traballo de investigación sobre os animais vertebrados. Cada equipo encárgase dun dos animais dos diferentes grupos nos que se clasifican estes animais: peixes, mamíferos, anfibios, réptiles e aves.

jueves, 21 de octubre de 2021

PDI"PINGAS DE CIENCIA" INFANTIL: DESCUBRINDO O CORPO

 En todas as aulas de educación infantil estamos descubrindo o corpo humano e os seus órganos, o cerebro ,o corazón e moito máis que seguiremos investigando!

Partimos do corpo por ser o máis próximo ao alumnado, para ser conscientes do seu propio corpo e así quererse e formar unha imaxe interna axeitada de sí mesmas/os.




miércoles, 20 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado 18 de outubro conmemoramos no centro o "Día das escritoras" con diversas actividades en todos os niveis. 
En Educación Infantil xogamos a identificar as portadas dos diferentes contos infantís escritos por mulleres, moitos deles xa eran moi coñecidos polos nenos e nenas!
En 1º, 2º e 3º lemos a biografía de diferentes autoras e realizamos un caderniño de actividades sobre elas: sopas de letras, iustración de escritos...
Deixámosvos por aquí unha pequena mostra do mesmo, o cal adaptamos para os diferentes niveis.  
  

     


En 4º e en 5º e 6º, aproveitándonos do proxecto E-dixgal os nenos e nenas realizaron unha búsqueda de información sobre diversas escritoras galegas, co material elaborado realizaron unha exposición no hall do centro para que todos os membros da comunidade educativa o puideran ver.

Mais sen dúbida, a actividade estrela do día foi a venta por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria tanto de marcapaxinas para conmemorar esta data como de chapas que eles e elas mesmas elaboraron nas que o debuxo das mesmas era unha portada dun libro escrito por unha muller galega. Algúns dos títulos que máis éxito tiveron foron os de: "Corre, corre cabaciña" ou o de " A casa da mosca chosca". Os cartos recadados irán para a súa excursión de fin de curso.



martes, 19 de octubre de 2021

MALETAS VIAXEIRAS

Este mes de outubro é un non parar e a toda esta posta en marcha das diferentes actividades sumámoslle o recibimento de dúas maletas viaxeiras da Asesoría de Bibliotecas Escolares: a maleta creativa e a maleta inclusiva.

Ambas teñen un espazo importante e reservado na nosa biblioteca para que cada curso poida gozar con elas cando baixa á biblioteca.  







Dende o equipo de biblioteca anotamos todos os títulos xa que foron un verdadeiro éxito e moi motivadores!

domingo, 10 de octubre de 2021

CONTACONTOS NO RECREO

Este mes de outubro abrimos por fin a biblioteca! Ademais de gozar nos recreos dos diferentes recantos, de realizar os empréstitos e de aproveitar os diferentes recursos para o traballo de aula, retomamos unha actividade que o curso pasado non puidemos realizar: os contacontos no recreo!


Para poder levala a cabo reservamos un día específico á semana no cal as voluntarias ou os voluntarios lectores len un conto a outros cursos. Este primeiro xoves foron dúas nenas de sexto as que leron "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" aos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria. 


jueves, 7 de octubre de 2021

CONTACONTOS NAS AULAS

Este mes de outubro está cargadiño de novidades e se hai algo ao que este ano lle queremos dar importancia é ás funcións das voluntarias e dos voluntarios lectores na dinamización e no fomento da lectura e é por iso, polo que unha vez á semana organizados por parellas os e as voluntarias acoden a diferentes clases -previamente asignadas- a ler un conto. 

Ollade que escoita tan atenta teñen os e as máis pequenas!



lunes, 4 de octubre de 2021

INICIAMOS O NOSO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO!

Este inicio de curso foi moi emocionante pois os dous primeiros días levamos a cabo unha xincana científica que nos serviu de motivación para o noso proxecto anual: a ciencia!

Nela fixemos dende chapas científicas ata volcáns de realidade aumentada, pasando por retos de robótica -sobre diversas disciplinas científicas- e xogos matemáticos, sen esquecer, por suposto os experimentos!

Isto é solo a antesala de todo o que nos espera este curso. 

Premede se queredes ver un pouquiño da nosa entretida mañá.