lunes, 28 de febrero de 2022

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS. FEBREIRO

Arrinca o novo programa de Crónicas de Centieiras con moitas novas. Hoxe nolo conta o alumnado de 5º A e de 6º de educación infantil.

Desfrutade do programa!!












jueves, 24 de febrero de 2022

CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro conmemoramos por todo o alto o día de Rosalía.

Para iso, nas titorías traballamos a biografía da autora así como diversos poemas. E que fixemos co aprendido? Compartilo coa contorna!

Escollimos dúas plazas, dividímonos, por un lado EI, 1º e 2º e por outro 3º, 4º, 5º e 6º e fixemos un recitado simultáneo en cada unha delas. 

A verdade é que foi un verdadeiro éxito e tivemos moitísimo público. 





Se queredes ver máis fotos desta conmemoración bulide á web do centro, premendo na seguinte imaxe: 



miércoles, 16 de febrero de 2022

LECTURA E FAMILIAS

O noso centro foi escollido para participar no programa "Lectura e Familias". 
Deixámosvos por aquí as formacións que imos realizar no marco desta convocatoria.
Animádevos!





lunes, 14 de febrero de 2022

13 DE FEBREIRO DÍA INTERNACIONAL DA RADIO

Todas as mañás antes de comezar as clases sempre facemos unha pequena activación, e como o día 13 foi o "Día internacional da Radio", aproveitamos a música presente na radio ao longo de toda a a semana para darlle un protagonismo especial a este medio.

Os nenos e as nenas de 5º de primaria tamén publicitaron este día cuns carteis mostrando os seus coñecementos de lettering. Mirade que ben lles quedaron!





viernes, 11 de febrero de 2022

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe 11 de febreiro celebramos no centro o "Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Neste día quixemos darlle protagonismo ás nosas nenas de 5º. Este curso, está inmerso nun proxecto científico de "novos materiais", e é por isto polo que consideramos que esta era a ocasión perfecta de compartir o que estaban a aprender co resto de cursos do centro. 

Unha das propostas que máis éxito tivo dentro do seu proxecto foi a creación de "Slime caseiro" e por iso foi este o experimento que ensinaron e titorizaron no resto de cursos. Dixéronnos paso por paso todo o que tiñamos que facer cunha paciencia infinita e ademais déronnos unha receita por si quixeramos volver a realizalo nalgún momento.

Foi unha experiencia moi moi divertida.

Moitas grazas pola implicación chicas! 



A maiores, tamén nalgunhas titorías realizáronse outras actividades ao longo da semana. Por exemplo en 1º e 2º, coñecimos a diferentes mulleres científicas importantes: Marie Curie, Jane Goodall e Olimpia Valencia. Para isto, escollimos tres libros imprescindibles: 


A partir da lectura, realizamos unhas fichiñas de recompilación da información, ordenamos os feitos máis relevantes das súas vidas por orde cronolóxica e de Marie Curie, fixemos ata unha "mariquita", algo moi novidoso para os nenos e nenas xa que nunca fixeran unha!






PDI EN 1º E 2º: ANATOMÍA

 Ao longo do primeiro trimestre, no primeiro ciclo de Educación Primaria estivemos inmersos no estudo da anatomía. 

Foron múltiples as fontes onde buscamos a información que quixemos coñecer: vídeos, bibliografía da biblioteca escolar, bibliografía aportada polas familias...

Así como diversas as actividades que realizamos: elaboración de diferentes aparatos con plastilina, creación dun esqueleto utilizando o noso corpo como modelo, visualización de radiografías aportadas polas familias na mesa de luz e dos diferentes órganos en realidade aumentada, manipulación de diferentes modelos de osos e articulacións...



Ademais, neste trimestre, tivemos a sorte de recibir a visita dunha mamá, coa que realizamos un experimento científico, coa súa correspondente recollida de información e que nos fixo chegar á reflexión da importancia que ten a hixiene para a nosa saúde, xa que puidemos comprobar como creceu mofo nun pan que tocamos sen lavar previamente as mans. 



viernes, 4 de febrero de 2022

CELEBRAMOS A PAZ

 O pasado 28 de xaneiro celebramos o "Día da Paz", este ano quixemos facelo dun xeito diferente, a través dunha instalación artística baseada na obra de Rivane Newenschwander. 

Deixámosvos por aquí a infografía que acompañou a nosa instalación e na que explicamos o seu significado. 


Por suposto, convidamos ás familias a participar desta conmemoración.
Ollade a mostra do desenvolvemento da actividade.