viernes, 11 de febrero de 2022

PDI EN 1º E 2º: ANATOMÍA

 Ao longo do primeiro trimestre, no primeiro ciclo de Educación Primaria estivemos inmersos no estudo da anatomía. 

Foron múltiples as fontes onde buscamos a información que quixemos coñecer: vídeos, bibliografía da biblioteca escolar, bibliografía aportada polas familias...

Así como diversas as actividades que realizamos: elaboración de diferentes aparatos con plastilina, creación dun esqueleto utilizando o noso corpo como modelo, visualización de radiografías aportadas polas familias na mesa de luz e dos diferentes órganos en realidade aumentada, manipulación de diferentes modelos de osos e articulacións...



Ademais, neste trimestre, tivemos a sorte de recibir a visita dunha mamá, coa que realizamos un experimento científico, coa súa correspondente recollida de información e que nos fixo chegar á reflexión da importancia que ten a hixiene para a nosa saúde, xa que puidemos comprobar como creceu mofo nun pan que tocamos sen lavar previamente as mans. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario