lunes, 27 de noviembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


Os días 24 e 27 de novembro realizamos actividades para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 

Como vimos facendo dende hai uns anos colaboramos coa FANPA Ferrolterra en diversas actividades, nesta ocasión participamos nas V Xornadas escolares de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, baixo o título O SOS SILENCIOSO.

Tamén participamos na 11ª andaina contra a violencia de xénero dentro da campaña CAMIÑO AO RESPECTO, impulsada pola Xunta de Galicia.

Nesta conmemoración, como en moitas das que facemos no centro, a ANPA colaborou facendo decoración para a mesma.

















jueves, 23 de noviembre de 2023

VISITAMOS A LONXA DE FERROL

Este martes fomos de visita á lonxa da Cofraría de Pescadpres de Ferrol, no porto de Curuxeiras. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co medio mariño e coa pesca: algunhas formas de pesca, o funcionamento da lonxa, a limpeza das capturas, a súa conservación e coñecimos especies que non viramos antes como as esponxas de mar.

Pasámolo moi ben e aprendemos un pouco máis para continuar no camiño da concienciación sobre a importancia da limpeza e a conservación dos nosos mares e da vida que habita neles.

Moitas grazas ao persoal da Cofraría por acollernos e contarnos tantas cousas.



miércoles, 22 de noviembre de 2023

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

O pasado xoves día 30 de novembro o alumnado de 5º de EI, 2º de EP e de 5º de EP acudiu a radio Fene a gravar o primeiro programa de radio, "Crónicas de Centieiras", do curso. 

Nesta edición o alumnado de 5º fai un percorrido por todas as actividades que realizamos na escola dende setembro, os nenos e nenas de 2º recitan unha recompilación de ditos e adiviñas de outono e por último o alumnado de 5º de EI cantan o "Rap do Magosto". 

Si premedes AQUÍ, poderedes escoitar o programa ao completo!  

Agardamos vos guste!



martes, 14 de noviembre de 2023

XOGAMOS COAS FAMILIAS DE 5º E 6º

 Hoxe pola mañá desfrutamos dunha nova xornada de xogos coas familias voluntarias do alumnado de 5º e 6º, que quixeron colaborar e compartir con nós un anaco ben divertido.

 

Este curso comezamos en 5º e 6º cos grupos interactivos, unha forma de organización da aula que une aprendizaxe e convivencia. Os grupos interactivos caracterízanse por multiplicar e diversificar as interaccións que teñen lugar na aula e por ser un tipo de organización inclusora do alumnado, na que se conta coa axuda de máis persoas adultas que dinamizan as actividades de aprendizaxe, ademais das mestras dos grupos-clase.

 

Por outra banda, nestas actividades empregamos tamén a metodoloxía ABX (Aprendizaxe Baseada en Xogos), que consiste no emprego dos xogos de mesa como recurso ou ferramenta educativa para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.

 

O xogo é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento global do ser humano, especialmente desde a infancia, e os xogos de mesa supoñen un xeito atractivo e divertido de achegar o alumnado á adquisición e afianzamento das competencias e dos contidos curriculares. Trátase dunha metodoloxía activa que ofrece unha experiencia educativa significativa, acorde ás necesidades do alumnado e que ten en conta os seus intereses e motivacións.

 

Polo de agora, con esta segunda xornada de xogos coas familias podemos asegurar que se trata de todo un éxito, tanto para os rapaces e rapazas, que xa están desexando repetir e avalían a actividade de forma moi positiva, para as mestras, posto que vemos ao alumnado e ás familias participar e desfrutar xuntos e para as familias, que ademais das valoracións que nos fan de xeito oral, déixannos tamén reflexións por escrito tan fermosas coma as seguintes:

 

Rebeca: Divertido. Competitividad sana. Muchas risas. Un gusto compatirlo, como siempre.

 

Mari: Gracias por invitarme a esta jornada tan divertida, se me pasó el tiempo volando. Si tengo que hacer una valoración a los/as alumnos/as sería muy positiva porque todos/as respetaron las normas, no tuvieron conflictos y fueron muy divertidos/as. Si pudiera, estaría de vuelta mañana. ¡Gracias!

 

Moitas grazas a vós, Rebeca, Mari, Marta, Juana e Cora, foi un pracer contar con vós para esta actividade.



 

lunes, 6 de noviembre de 2023

CONTOS DE BOCA EN PRIMARIA

Onte o alumnado de educación primaria inaugurou a actividade de " Contos de boca";  primeira convidada foi Juana, a mamá de Roque, que veu contar dúas lendas moi fermosas que nos impresionaron moito.

A primeira lenda foi a da creación da Torre de Hércules: "Hércules consegue vencer ao rei Xerión decapitándoo,  enterra a  súa cabeza e manda construír unha torre nese mesmo lugar para conmemorar e recordar a súa victoria".

Por iso o escudo de A Coruña ten unha Torre de Hércules cunha caveira debaixo....

A segunda lenda foi a da Serea das Mirandas:" Din que nas illa Mirandas vive, dende hai moitos moitos anos, unha serea que adoita moverse pola ría de Ares, e que ás veces aparécese para facer ben, ou para facer mal.

Tede coidado cando vaiades á praia das Mirandas.....andade con ollo !

Lembrade que as lendas son lendas, pero que teñen a súa parte de verdade.

Grazas Juana !! Foi moi divertido, así que esperamos que volvas cando queiras !