sábado, 29 de mayo de 2021

PECHE DO PDI

 Xa chegando ao fin deste curso toca pechar o noso proxecto e non atopamos mellor forma de facelo que compartir todo o aprendido e o feito coas maiores e cos maiores da nosa contorna. 

Lede atentamente. 



Para a creación do cofre cada nivel aportou algo diferente e sempre relacionado co noso benestar físico e emocional, aspecto que cobra especial importancia nestes momentos nos que vivimos. Dende frascos de relaxación ata clases de ioga ou de activación. 
A entrega foi verdadeiramente emocionante, presentamos a continuación algunha imaxe:

e tamén o vídeo da entrega. Agardamos que vos emocione e vos guste tanto como a nós. 







jueves, 27 de mayo de 2021

VISITA A ASPANEPS

Onte pola mañá o alumnado de 4º de educación primaria do Ceip Plurilingüe de Centieiras fixo a súa primeira visita ao Taller Ocupacional Aspaneps. 

Un espazo que se atopa no propio concello de Fene e co cal sempre desfrutamos das actividades que compartimos:  Ao longo de moitos anos coa actividade"Ponte no meu lugar", o ano pasado coa celebración conxunta do "Día da Paz" a través de diversos obradoiros e lecturas compartidas, e este ano coñecendo o seu fermoso traballo que están a desenvolver arredor dos resíduos orgánicos e todas as actividades de horta.

Hoxe os nenos e as nenas de 4º farán unha pequena avaliación do aprendido e será o alumnado de 3º que realice a visita.

Deixámosvos unha pequena mostra.



domingo, 23 de mayo de 2021

MALETA CREATIVA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Ao longo do mes de abril, os alumnos e alumnas  de Educación Infantil  recibiron a visita dunha nova maleta viaxeira: a maleta creativa.

Esta trouxo moitos recursos novos, que foron todo un éxito. éxito para o tangram e pezas imantadas!

Gústannos estas maletas!





RECOMENDACIÓN LECTORA DE "ALDÁN" DE 4º DE INFANTIL


Aldán recomenda o conto " PEZ GLOBO SE TRANSFORMA" porque lle encanta, e a verdade é que parecía moi interesante cando pasaba as follas. Creo que este conto-cómic provocounos curiosidade a todas e todos, porque iso que dí Aldán de metade peixe e metade globo....
Este peixe  adora cambiar de forma, pero un día atopa algo moi especial que o cambiará todo.
Queredes saber  máis?




viernes, 21 de mayo de 2021

PDI:POESÍA, QUE RICOS OS BICOS

 Nesta ocasión no PDI seguimos a traballar a afectividade e a necesidade de bicar ,aínda ca limitación que temos nestas datas.Entre todos os cursos de educación infantil preparamos a poesía "QUE RICOS OS BICOS" de Ce Orquestra Pantasma. Gravámola para todas e todos vós e aquí vos deixamos  unha pequena mostra.Aconsellamos escoitalo completo no programa de radio do día 28 de maio, vaivos gustar!




sábado, 15 de mayo de 2021

PDI:XARDÍN ZEN PARA O DÍA DA FAMILIA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Para celebrar o  día das familias ,o 15 de maio , realizamos un Xardín Zen  para aumentar e favorecer a serenidade interior e reducir o estrés a través da súa beleza e elegancia, mediante a meditación e a reflexión.

Seguiron as instrucións de poñer tres vasos de area lavada e colocar tres pedras de tamaño grande, mediana e pequena e xa estaba listo o xardín !

O seu uso era moi sinxelo, soamente tiñan que mover a area axudándose do rastrillo e creando diferentes camiños.

 Recomendabamos que estivera colocado nun lugar visible ,de fácil acceso para as nenas e os nenos e así participar toda a familia.









jueves, 13 de mayo de 2021

Aprendemos de Xela Arias

LETRAS GALEGAS 2021

As letras galegas deste ano 2021 dedícanse a XELA ARIAS, poetisa e tradutora, nada na provincia de Lugo no ano 1962.

 

Licenciada en Filoloxía Hispánica, pasou a maior parte da súa vida en Vigo, onde foi un referente do mundo editorial e da poesía de muller. Traballou de corretora e asesora lingüística na editorial Xerais durante dez anos.
Entre as súas obras destacamos "Darío a diario", un libro de poemas dedicados ao seu fillo, e "Non te amola!", unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta cara aos nosos días.