viernes, 30 de abril de 2021

MALETA DE BANDA DESEÑADA

 Este mes de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a visita dunha nova maleta viaxeira: a maleta de banda deseñada.

Esta trouxo moitos recursos novos, entre eles moitos mangas que foron todo un éxito. Encantounos!








miércoles, 28 de abril de 2021

LÚA CONTA...

Hoxe  Lúa veu contarnos "Nina e Antón". Unha historia na que se plasma un momento cotiá entre unha nena e o seu gato, que manteñen un tenro diálogo.




Agardamos que vos guste moito!

martes, 27 de abril de 2021

Recitado de poemas


Con motivo da semana do Libro, os/as alumnos/as de 6⁰ A recitaron de memoria poemas dos mellores escritores/as e obras en Lingua Castelá como o Romancero, Poema de Mío Cid, Lope de Vega, Quevedo, Esproceda, Rosalía Bécquer, Machado, Lorca, Alberti, etc


Picade na imaxe e veredes que ben o fixeron!





Crónicas de Centieiras (Abril)

Este mes os encargados e encargadas de realizar o programa de radio "Crónicas de Centieiras" foron os alumnos e alumnas de 6º A de Educación Primaria.

Que novas terán para contarnos? Estamos desexando escoitalos. Clicade na imaxe para acceder ao programa

Esperamos que vos guste.

domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DA TERRA 2021

 Nestas últimas semanas en 1º e 2º de Educación Primaria estivemos a estudar as plantas, para iso fixemos multitude de actividades entre as que destacamos: saídas ao patio a coñecer as árbores que tiñamos nel.

Tamén nos visitou un experto biólogo e exalumno do centro para ensinarnos diferentes flores, árbores e en definitiva, para traernos unha ampla variedade de plantas de primavera á aula e para contarnos moitas cousas interesantes (mil grazas Miguel pola túa xenerosidade).


Por último, o día 22, para conmemorar " O día da Terra" e finalizar esta secuencia de actividades, elaboramos unhas bombiñas de semillas. Para levalas para casa, decoramos unhas pequenas bolsiñas con diferentes motivos acorde a este día, e por suposto aproveitamos esta ocasión para escribir un decálogo de como coidar as plantas.






Coma sempre, non podía faltar, a aportación ao plan lector, un dos libros que limos e que máis nos gustou foi " Wangari Maathai. La mujer que plantó millones de árboles" , o cal nos serviu para reflexionar sobre o coidado da natureza.

                                         


Con estas actividades propostas contribuimos aos seguintes obxectivos da AXENDA 2030 da ONU:


viernes, 23 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

Ao longo deste mes do libro os nenos e nenas de primeiro ciclo tamén estiveron a crear os seus propios contos. 
Foi un proceso de planificación moi longo: aprendemos fórmulas de inicio e de fin, tratamos os lugares de conto, traballamos os adxectivos para caracterizar as e os personaxes e os e as súas axudantes e aprendimos sobre os antagonistas. 

     

Por último pasamos a limpo os nosos borradores e ilustramos! 

Doamos as nosas creacións á biblioteca, para que o resto de nenos e nenas puideran lelos. 

Neste mes, tamén aproveitamos para facerlle unha entrevista ás familias sobre cales eran os seus contos preferidos cando eran nenos e nenas. 

 



jueves, 22 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Esta semana celebramos " A semana do libro" e realizamos diversas actividades.

Por unha banda, fixemos a recreación de diferentes portadas. Aquí vos deixamos as obras de arte que fixeron os nenos e nenas! Premede na imaxe para ver o vídeo.

Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración.

 

Por outra, o alumnado de 6º elaborou unha exposición sobre "Don Quijote de la Mancha", para iso fixeron unhas infografías para acompañar unha ampla variedade de exemplares do libro. Cómpre agradecer ao concello de Cidade Real a través da súa Concellaría de Cultura que nos envíou unha morea de materiais! Quedou chulísima!

 




A maiores, dende biblioteca creativa, elaboramos  diversos escornacontos, pero... que é iso? Trátase dunha secuencia de actividades a realizar con escornabots a partir da lectura e da comprensión dun conto.

Para EI, 1º E 2º, eliximos o fermoso conto "Avós", para 3 º e 4º, "There was an old woman who lived in a shoe", e para 5º e 6º, "Cuando las niñas vuelan alto".

Deixámosvos por aquí algunha foto do alumnado realizando os diferentes retos. 



E tamén do material que empregamos.
 


Videochamada con Héctor Cajaraville

O día 22 de abril tivemos unha conversa por videochamada con Héctor Cajaraville, o autor de Kusuma, o libro que leron os nenos e as nenas de 4º de educación primaria.


Kusuma conta a historia dunha faisán que marcha do seu país soa e preñada dunha enorme rosada, en busca dun lugar mellor onde criar aos seus filliños.

















Grazas a Héctor resolvimos incógnitas que nos xurdiron durante a lectura:

Que pasou co pitiño 13?

Que foi de Guntur?




Convidámosvos a ler o libro e adentrarvos nunha fermosa aventura.

Haberá segunda parte? Según Héctor é probable... así que...

Agardamos por ela! 



miércoles, 21 de abril de 2021

Martina conta...

E seguimos desfrutando da boa compañía dos axudantes/as de biblioteca. Hoxe temos a Martina que nos quere contar a "Bruxa regañadentes" que como di ela "é un conto que case todo o mundo leu pero que gusta moito".



Ata a semana!

lunes, 19 de abril de 2021

VIDEOCHAMADA CON MARÍA CANOSA

 O pasado 12 de abril os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron unha videochamada moi especial, a de María Canosa.

En semanas anteriores estivemos a ler o seu libro "Unha fábrica de bicos" o cal, nos gustou moito e nos deu pé a reflexionar tanto sobre os bicos como sobre a exteriorización das nosas emocións, algo que estamos a traballar moitísimo este ano dentro do noso proxecto documental integrado: EMOTICENTI.



Ademais disto, e como complemento á lectura do conto e a charla con María Canosa, realizamos os nosos "scrapbook" é dicir representamos a parte do conto que máis nos gustou, a portada, o que nos inspirou... en definitiva, cada quen o que quixo nunha cartolina e con materiais diversos con total liberdade.

Deixámosvos unha mostra das obras de arte que fixeron estes nenos e nenas. 

 

 



martes, 13 de abril de 2021

PARTICIPA NO NOSO "BOOKFACE"

Estimadas, nenas, nenos e familias!

A vindeira semana celebramos a "Semana do libro" e dado que este ano non podemos contar coa vosa compañía, queríamos propoñervos que sexades vós os e as protagonistas das cubertas dos libros!

Escollede un libro que teñades na casa, e recreade a súa cuberta co que se vos ocorra (materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos...) intentando representala o máis semellante posible. 

Deixámosvos aquí dous exemplos dunhas profes de conto!



Teriades que enviar unha foto da portada do libro orixinal e outra foto coa portada recreada antes do día 19 de abril ao correo electrónico: bibliocenti@gmail.com. 

Animádevos a participar!

miércoles, 7 de abril de 2021

EDUCACIÓN INFANTIL DECORA A BIBLIOTECA

 

Como renovamos a biblioteca o equipo de educación infantil quixo poñer o seu grao de area con este cadro de arte sobre texturas realizado por todo o alumnado  no proxecto común do segundo trimestre QUE TOCAS? TEXTURAS. Queremos así que desfrutedes del cando a visitedes.
Quedou unha combinación moi harmoniosa.Gústanos!  GÚSTAVOS?















EMOTICENTI EDUCACIÓN INFANTIL: Os bicos na Arte !


 Os equipos en educación infantil estan nomeados nas mesas con fotos de pintoras, pintores e escultores  relacionados cos bicos dentro do noso PDI de Benestar . Así temos "O bico de Picasso", " O bico de Rodín", " O bico de Klim" e " O bico de Mary Cassat". Esto levounos a coñecer esas obras e con algunhas fixemos un análise das mesmas ,con outras reproducións e ata unha recreacción nos tempos Covid.












RECOMENDACIÓN LECTORA EDUCACIÓN INFANTIL

 Aroa Calvo preséntavos "EL  MONSTRUO DE COLORES " unha suxerencia lectora chulísima. Escoitadea e de paso  daravos moita gracia do ben que o fai. 

Grazas Aroa 





RECOMENDACIÓN LECTORA : 5º EDUCACIÓN INFANTIL.

 Andrea da aula de 5º de infantil  quere recomendarvos "Fábulas de Esposo"porque ademáis de que lle gusta moitísimo para ler tamén é un puzzle. Graciñas Andrea.



jueves, 1 de abril de 2021

EMOCIONARTE EN 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Ao longo deste 2º trimestre en 1º e en 2º de Educación Primaria, e relacionado co noso PDI "Emoticenti" estivemos a traballar as emocións e a arte.

Para desenvolver esta actividade partimos sempre dun cadro introdutorio do pintor ou pintora a estudiar, a partir dos mesmos fixemos unha rutina de pensamento, coa que nos fomos familiarizando: vexo, penso e pregúntome. 



Logo coñecimos a súa biografía e isto, xunto coa rutina, nos levaron a reflexionar que moitos e moitas artistas nas súas obras manifestan os seus sentimentos, emocións e momento vital polo que están a pasar. 



Para rematar, por unha banda, fixemos a nosa propia versión dun cadro que nos chamou especialmente a atención. "El grito" de Munch, 


e por outra realizamos un taller de robótica que tivo por título " De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro". A través do conto reflexionamos sobre as diferentes emocións, e despois, fomos quenes de elaborar un sinxelo robot empregando unha pila, cables, un motor, unha hélice e material de refugallo. 

Foi unha actividade ben entretida respectando todas as medidas de seguridade.