jueves, 25 de marzo de 2021

VISITA A EXPOSICIÓN DE JULIA PITA E Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FENE

Hoxe o alumnado de 2º ciclo fixo a súa primeira saída escolar seguindo todas as medidas do protocolo da COVID-19.

Primeiro visitamos a biblioteca municipal de Fene onde a  bibliotecaria lles explicou aos nenos e as nenas como funcionaba a biblioteca, mostroulles as instalacións, como se realizaban os empréstitos e  como estaban colocados os libros.

Despois tivemos a grande sorte de visitar a exposición de Julia Pita e de contar coa súa presenza. Contounos que comezara a pintar aos 55 anos, que pinta con óleo e que moitas veces busca inspiración en fotos que ve na internet. Julia estaba acompañada do seu profesor de pintura Jose Ángel,  co cal falamos de todos os materiais que se precisan para pintar: caballetes, pinturas, lienzo...  E destacou que unhas das cousas fundamentais para facer estas obras é a creatividade.

Para finalizar a saída fomos tomar a parva ao Parque do Paiaso onde desfrutamos moito do aire libre e do día fermoso que nos acompañou.

Deixámosvos unha mostra deste día.



lunes, 22 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

Ao longo da pasada semana traballamos no centro "A semana da Prensa", para isto realizamos diversas actividades, por unha banda entre todas as aulas elaboramos o noso propio xornal, queredes velo?
Premede na seguinte imaxe:



O mesmo, está constituido por diversas entrevistas a persoas da comunidade educativa: ANPA, alumnado, conserxe... e entre moitas preguntas que o alumnado lles realizou destacamos aquelas referidas aos cambios que supuxo no seu traballo a pandemia.

Ademais da creación do xornal conxunto, nas clases tamén traballamos con xornais reais, aprendemos os elementos da portada, falamos das diferentes seccións que tiñan... Incluso ollamos un en inglés!


Tamén elaboramos noticias partindo dalgún acontecemento importante da aula no que levamos de curso, a clase de 2º tivo moi clara a súa decisión, algo que lles está a encantar é a lectura conxunta do conto de Ledicia Costas " Os Minimortos. Benvido ao outro barrio". Foi un duro traballo de planificación, de escritura e de revisión! 




viernes, 12 de marzo de 2021

CELEBRAMOS O 8M

Ao longo desta semana estivemos a coñecer a figura de diferentes mulleres importantes nas 7 artes, os motivos? Moitos! Por unha banda celebrar o "Día Internacional da Muller" e visibilizar a súa labor en diferentes disciplinas e por outra relacionar esta conmemoración co noso Proxecto Documental Integrado, porque si algo estamos a reflexionar e aprender este ano é que en moitas das cancións, en moitas pinturas, e na arte en xeral, ponse de manifesto e plásmase aquilo que sinten as artistas! 

María Castro, Guadi Galego, Rosalía de Castro, Ledicia Costas, Elena Ferro, Sés... son algúns dos exemplos das mulleres elixidas.

Para darlle un formato diferente ao noso produto final eliximos forrar diferentes caixas e plasmar nelas diferentes datos biográficos das mulleres estudadas: nome, obras, lugar de nacemento, feitos reseñables da súa vida...


Ao final, coas aportacións dos diferentes cursos quedou unha obra de arquitectura ben chula!

Ollade!




jueves, 11 de marzo de 2021

RECOMENDACIÓN LECTORA EDUCACIÓN INFANTIL

 Nesta ocasión a recomendación  faina Eire, da aula de 4º de Educación Infantil.  Ensínanos o seu conto  favorito " CORRE, CORRE, CABACIÑA" e despois de lelo na aula o é para moitos máis.

 Grazas Eire





EMOTICENTI INFANTIL:En que momento do día naciches?

Despois do catálogo de bicos seguimos as investigacións no noso PDI de benestar físico ,social e emocional " En que momento do día naciches?.Preparamos primeiramente a recollida de datos para despois relizar gráficas horizontais e verticais  nas tres aulas de educación infantil  e  saber así en qué momento do día naceron. Se foi más ben pola mañá , á tarde ou xa pola noitiña. As gráficas son marabillosas porque lles permite ler datos con autonomía xa que é moi visual e sobre todo foi manipulativa con ábacos e pezas grandes .





Recomendación lectora

 Hoxe Uxía e Rosalía de 6ºB cóntannos Orellas de bolboreta


 
 


lunes, 8 de marzo de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA A IGUALDADE -8 MARZO

Os  libros serven para entreter , pero tamén para educar e transmitir valores.Nun día tan importante coma hoxe ,8 de marzo,Día Internacional da muller, dende a biblioteca queremos recomendarvos estas lecturas para lograr un mundo máis xusto en igualdade de xénero.Para educar en igualdade e para que o noso alumnado e as vosas fillas e fillos comprendan que non é cuestión de ser  muller ou home senón das nosas habilidades e capacidades.






miércoles, 3 de marzo de 2021

RECOMENDACIÓN LECTORA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Lucas  de 3 aniños , recomenda un conto que lle gusta moitísimo e que como el dí é moi bonito.Escoitádeo e veredes! OS TRES PORQUIÑOS.