jueves, 25 de marzo de 2021

VISITA A EXPOSICIÓN DE JULIA PITA E Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FENE

Hoxe o alumnado de 2º ciclo fixo a súa primeira saída escolar seguindo todas as medidas do protocolo da COVID-19.

Primeiro visitamos a biblioteca municipal de Fene onde a  bibliotecaria lles explicou aos nenos e as nenas como funcionaba a biblioteca, mostroulles as instalacións, como se realizaban os empréstitos e  como estaban colocados os libros.

Despois tivemos a grande sorte de visitar a exposición de Julia Pita e de contar coa súa presenza. Contounos que comezara a pintar aos 55 anos, que pinta con óleo e que moitas veces busca inspiración en fotos que ve na internet. Julia estaba acompañada do seu profesor de pintura Jose Ángel,  co cal falamos de todos os materiais que se precisan para pintar: caballetes, pinturas, lienzo...  E destacou que unhas das cousas fundamentais para facer estas obras é a creatividade.

Para finalizar a saída fomos tomar a parva ao Parque do Paiaso onde desfrutamos moito do aire libre e do día fermoso que nos acompañou.

Deixámosvos unha mostra deste día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario