domingo, 28 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALIA

O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.

Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras. 

Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso

Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?




miércoles, 24 de febrero de 2021

LECTURAS DE ROSALÍA


 Nesta data tan sinalada como é o "Día de Rosalía" non queríamos deixar de presentarvos algúns dos seus exemplares cos que temos a sorte de contar en BIBLIOCENTI.

A disfrutar deste día e que gocedes das lecturas!


martes, 23 de febrero de 2021

A APERTURA DA BIBLIOTECA!

 Este mes de febreiro foi moi intenso xa que por fin, puidemos volver a abrir a biblioteca! Para adaptarnos a esta nova situación tivemos que facer uns cambios organizativos, o máis relevante é que agora o uso da mesma está limitado cada día a un grupo-clase. -Os demais podedes velos nunha publicación anterior na que detallamos as normas de uso nunha pequena infografía-. Este feito implica que os nenos e nenas non a poidan visitar tanto coma antes porén o día que lles toca é un día moi esperado de festa e celebración!

Ollade o ben que o pasan! 




sábado, 20 de febrero de 2021

miércoles, 17 de febrero de 2021

Recomendación lectora: "Unha última carta"

Hoxe temos a visita de Alejandra, que nos acompaña contándonos  "Unha última carta" (Premio Compostela) de Antonis Papatheodoulou e da editorial Kalandraka.



Agardamos que vos guste!



CELEBRAMOS O ENTROIDO

Esta semana foi moi emocionante e divertida!

Dende o luns, seguimos os mandados da nosa bruxa Encarnación! 

Aquí unha pequena mostra do ben que nos sentaron os diferentes complementos!





Para chegar ao venres, o gran día, no cal todos e todas nos disfrazamos de emoticonos, cada quen do que máis lle apeteceu e lle gustou! Lembrando con esta temática o noso PDI: EMOTICENTI.

Se premedes aquí, poderedes ver as fotos dos diferentes cursos disfrazados. 

Este día ademais, gravamos un pequeno vídeo todas xuntas e xuntos, tamén facendo referencia ao noso PDI, onde mesturamos o exercicio físico e as emocións representadas nos diferentes disfraces. 

Queredes velo?

    
A maiores ao longo da semana realizamos outras actividades coa temática de entroido:
aprendemos sobre as diferentes personaxes do entroido galego, como non, sempre da man du bo conto, neste caso: "É tempo de entroido" moi recomentable: 


e aproveitamos a reapertura da biblioteca, moi creativa, para realizar caretas de realidade aumentada coa app "Quiver"

"Non todos os martes son días de entroido"

lunes, 15 de febrero de 2021

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O día 13 de febreiro foi o  Dia Mundial da Radio e desde a biblio non quixemos deixar pasar este día sen recordar como este medio forma parte da historia da humanidade, posto que segue os diversos acontecementos da nosa sociedade e se adapta aos constantes cambios. A medida que o mundo cambia, tamén o fai a radio.

Ao longo de toda a semana en Centieiras escoitouse a radio en todas as aulas. Foi unha boa maneira de activarse e de agardar a que comezaran as clases. Escoitamos as novas do día, música clásica, rock... e aprendimo moito deste medio.





jueves, 11 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 11 de febreiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. 
Dende Biblio Centi parécenos fundamental espertar vocacións científicas nas nenas e mostrarlles referentes, modelos e espellos nos que mirarse.
Deixámosvos as seguintes propostas de lectura para isto. 





sábado, 6 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non violencia, o entendemento entre persoas de distinta procedencia e ideoloxía, a paz,... son principios que deben formar parte do no noso día a día; contidos que durante esta semana as nenas e nenos do noso cole estiveron a traballar dun xeito moi especial con motivo da conmemoración do Día da Paz que celebramos o pasado venres día 29 de xaneiro. 

Comezamos coñecendo, a partir dun xogo cos escornabots, algunhas personalidades destacadas pola súa loita pola paz como Malala, Nelson Mandela e Wangari Maathai, traballamos un conto que nos gustou moito "Imagine" de John Lennon e decoramos unhas pombas da paz para facer entre todos os nenos e nenas do colexio un mural para esta data.



Ademais en 1º e en 2º, non quixemos desaproveitar a oportunidade e afondamos na figura de Malala a partir de "El lápiz de Malala". Coa súa biografía fixemos un pequeno flipbook. 



MALETAS VIAXEIRAS

Ao longo do mes de xaneiro tivemos a sorte de recibir no noso centro dúas maletas viaxeiras: a maleta inclusiva para Educación Infantil, 1º e 2º e a maleta creativa, para 3º, 4º, 5º e 6º. ambas con multitude de recursos que fascinaron ao noso alumnado. Xogamos, limos e non deixamos de aprender.