A
educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto
polos Dereitos Humanos, a non violencia, o entendemento entre persoas de
distinta procedencia e ideoloxía, a paz,... son principios que deben formar
parte do no noso día a día; contidos que durante esta semana as nenas e nenos
do noso cole estiveron a traballar dun xeito moi especial con motivo da
conmemoración do Día da Paz que celebramos o pasado venres día 29 de
xaneiro.
Comezamos
coñecendo, a partir dun xogo cos escornabots, algunhas personalidades
destacadas pola súa loita pola paz como Malala, Nelson Mandela e Wangari
Maathai, traballamos un conto que nos gustou moito "Imagine" de John
Lennon e decoramos unhas pombas da paz para facer entre todos os nenos e nenas do
colexio un mural para esta data.
No hay comentarios:
Publicar un comentario