jueves, 19 de diciembre de 2019

Inauguramos o recanto semicorchea!

Por fin chegou o momento esperado. Hoxe inauguramos o Recanto Semicorchea, e xa sabedes, a partir de hoxe, xa podedes escoitar música na biblioteca.
Ollade como disfrutan!!

lunes, 16 de diciembre de 2019

Visita do Apalpador.

Hoxe a nosa biblioteca recibiu a visita do Apalpador.
Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria desfrutaron dos seus contos e cancións.
Pasámolo xenial!!


jueves, 12 de diciembre de 2019

Recanto de Construcións

Grazas as familias de Tristán, Xantal e Daniela, quedounos un "Recanto de Construcións" do máis fermoso.

Moitas grazas, familias!

miércoles, 11 de diciembre de 2019

Vamos a Radio Fene!

Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria experimentou de primeira man o intenso traballo que realiza un xornalista. Recolleron información, contrastárona e finalmente redactárona para emitila na radio do noso concello.

Os nosos xornalistas, ademais de contar todo o que fixemos neste primeiro trimestre, contáronnos o que cada curso está a traballar sobre o Camiño de Santiago...non volo perdades, pois é realmente interesante!

Agradecemos especialmente a colaboración de Xavier, sen él non podería ser posible!

jueves, 5 de diciembre de 2019

Xoves de contos

Hoxe  Xavi, Xabi e David estreáronse como auténticos contacontos. Para esta estrea escolleron "A guerra dos números" de OQO Editora.








martes, 3 de diciembre de 2019

Día internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, día 3 de decembro, conmemoramos o" Día Internacional das Persoas con Discapacidade"
Cada afillada/o estivo coa súa madriña/padriño lendo e descifrando unha palabra que estaba escrita en Braille, e despois, na biblioteca,  vimos unha presentación  "Z MEN, OS NOVOS SUPERHEROES". 
Para rematar a xornada, escoitamos todos xuntos/as a canción de "Extraordinarios" de Maldita Nerea. Deixámosvos  o video por se queredes volver a escoitala.