Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria experimentou de primeira man o intenso traballo que realiza un xornalista. Recolleron información, contrastárona e finalmente redactárona para emitila na radio do noso concello.
Os nosos xornalistas, ademais de contar todo o que fixemos neste primeiro trimestre, contáronnos o que cada curso está a traballar sobre o Camiño de Santiago...non volo perdades, pois é realmente interesante!
Agradecemos especialmente a colaboración de Xavier, sen él non podería ser posible!
No hay comentarios:
Publicar un comentario