lunes, 30 de noviembre de 2020

Recomendacións lectoras "EMOTICENTI"

 Este ano estamos traballando arreo co PDI "Emoticenti". O recanto da entrada xa está cheíño de libros para poder aprender moitas cousas. Agardamos que gostedes desta nova andaina.




sábado, 28 de noviembre de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres 25 de novembro e ao longo de toda a semana levamos a cabo no centro diferentes actividades en relación ao "Día Contra a Violencia de Xénero". Por unha banda, pintamos adoquíns da cor que representa este día: o lila e posteriormente os colocamos formando un Land Art que permanecerá no noso patio. Por outra, nas aulas levamos a cabo diversas lecturas de contos como por exemplo "Rosa Caramelo". A partir das mesmas, reflexionamos sobre a igualdade e elaboramos diferentes lemas e frases que quedaron expostas no na entrada do centro. 




martes, 24 de noviembre de 2020

ESCORNA MUSICAIS

Esta semana tivemos unha clase de música un pouco diferente xa que quixemos experimentar cos escornabots.

Foi unha sorpresa poder repasar as notas e as escalas musicais deste xeito pero aos nenos e nenas  non lles costou nadiña entender o funcionamento nin aprender a programar os "Escornas".

Houbo que seguir as quendas rigorosamente e desinfectalos despois de cada uso, pero seguindo o protocolo puidemos desfrutar desta nova ferramenta.







martes, 17 de noviembre de 2020

AS EMOCIÓNS. RETO DE IOGA, A TARTARUGA

En Educación Infantil, presentamos o reto da postura de ioga "A tartaruga" cun conto deste animaliño,que aprendeu con esta postura a controlarse e resolver os problemas que tiña cando se enfadaba ou se enfurecía. O reto foi doado, practicamos e practicamos esta postura e...conseguímolo! Agora xa sabemos como entrar na calma se o necesitamos. E aquí están os nenos e nenas, imaxinando que son tartarugas!




RECOÑECEMOS EMOCIÓNS

Dentro do PDI, Emoticenti, en Educación Infantil xa estamos a recoñecer as diferentes emocións que sentimos e a falar sobre elas.Todo o alumnado participa para contar como se sinte! O conto "O monstro de cores" foinos de gran axuda nesta actividade.



miércoles, 11 de noviembre de 2020

Crónicas de Centieiras (Novembro)

Hoxe ás 13:00 horas emitiuse en Radio Fene o programa de radio no que participaron as nenas e nenos de 6º de Educación infantil e de 4ºB de Educación primaria do noso cole. Nel contáronnos as últimas novas do Ceip Centieiras e as cousas máis destacadas de cada curso.




Por se non tivéstedes a ocasión de escoitalo en directo, a continuación vos deixamos a súa gravación.


 

martes, 10 de noviembre de 2020

EMOTICENTI INFANTIL:RECOÑECEMOS AS EMOCIÓNS

Estes días estiveron a fotografar as emocións para así identificalas e poder comprender mellor aos seus compis. Expresamos acotío como nos sentimos e colocamos a foto no tarro da emoción correspondente. Así pouco a pouco vamos avanzando no proxecto. EMOTICENTI:RECOÑECEMOS AS EMOCIÓNS



BOOKTRAILER: Rosalía recoméndanos...

 Neste novo Booktrailer Rosalía de 6ºB recoméndanos outra historia de Manolito Gafotas da escritora Elvira Lindo.

Booktrailer Rosalía

viernes, 6 de noviembre de 2020

Crónicas de Centieiras (Marzo)

Continuamos co programa de radio "Crónicas de Centieiras". Este mes os encargados e encargadas da súa realización foron os nenos e nenas de 1º e 4º A de Educación Primaria.




Esperamos que vos guste e desfrutedes escoitándoo.


martes, 3 de noviembre de 2020

O SAMAÍN

 O pasado venres 30 de outubro celebramos no centro a tradicional festa de Samaín, adaptándoa á situación sanitaria actual e celebrándoa cada nivel por separado na súa aula. 

Primeiro fixemos o visionado dunha presentación da cabazas que os nenos e nenas elaboraron nas súas casas. 

Podedes velo facendo clic aquí. 

Despois os Equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Actividades Complementarias e Extraescolares , organizaron un concurso de debuxos e contos de medo e con eles fixeron unhas fermosas presentacións que tamén vimos. Deixámosvos por aquí os debuxos e se queredes ler truculentas historias non dubidedes en pasarvos pola web do cole. 


Máis tarde, tomamos unhas merendas terroríficas, se facedes clic aquí, poderedes velas e logo fixemos a nosa tradicional lectura a escuras de contos de terror coas lanternas!  




Por último tivemos unha sesión de cine!

Foi unha mañá do máis completa e entretida. 


lunes, 2 de noviembre de 2020

"BOOKTRAILER" Mara recoméndanos...

 Co mes de novembro comezamos este curso cos "Booktrailers", recomendacións lectoras por parte do noso alumnado. Comezamos con Mara de 6º B que nos anima a ler...

Booktrailer_Mara

BIBLIOTECA CREATIVA!

Temos moi boas novas! Este ano fomos seleccionados para participar no programa de innovación da Consellería: Biblioteca Creativa. Isto supón un aumento de recursos para o noso espazo fedelleiro que xa comezamos a construir o ano pasado, en concreto recibimos 4 escornabots. 

Que son os escornabots? Pois trátanse duns robots pequenos de software libre que teñen como obxectivo acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas. 


A semana pasada a nosa coordinadora de biblioteca acudiu a unha formación específica a Santiago de Compostela para formarse nestes robots, na súa montaxe e nas aplicacións didácticas. Veu chea de ideas!
Dende o centro non puidemos esperar máis e xa montamos os robots recibidos coa guía de Sabela, claro! E xa estamos a argallar actividades para as diferentes clases.



domingo, 1 de noviembre de 2020

AGASALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como xa vos anticipabamos houbo unha sorpresa cos debuxos que fixeron os nenos e nenas para o PDI!
O equipo de biblio elaboramos uns calendarios con eles, ollade que bonitos quedaron! 






Quedou ben celebrado este día das bibliotecas!


AVANZAMOS NA FORMACIÓN ENTRE IGUAIS

Outra tarefa que estivemos a realizar dende comezo de curso foi elaborar uns mini-titoriais do uso do Meiga, moi útiles tanto para as novas incoporacións ao equipo  de biblio como para as mestras que xa estabamos, xa que nunca ben mal lembrar aqueles aspectos esenciais.

O titorial contén os seguintes ámbitos básicos:.

  • Como catalogar?
  • Como imprimir etiquetas de catalogación?
  • Como creamos carnés?
  • Como imprimimos carnés lectores?


Agardamos vos sexa útil!