Esta semana tivemos unha clase de música un pouco diferente xa que quixemos experimentar cos escornabots.
Foi unha sorpresa poder repasar as notas e as escalas musicais deste xeito pero aos nenos e nenas non lles costou nadiña entender o funcionamento nin aprender a programar os "Escornas".
Houbo que seguir as quendas rigorosamente e desinfectalos despois de cada uso, pero seguindo o protocolo puidemos desfrutar desta nova ferramenta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario