Ao longo deste 2º trimestre en 1º e en 2º de Educación Primaria, e relacionado co noso PDI "Emoticenti" estivemos a traballar as emocións e a arte.
Para desenvolver esta actividade partimos sempre dun cadro introdutorio do pintor ou pintora a estudiar, a partir dos mesmos fixemos unha rutina de pensamento, coa que nos fomos familiarizando: vexo, penso e pregúntome.
Logo coñecimos a súa biografía e isto, xunto coa rutina, nos levaron a reflexionar que moitos e moitas artistas nas súas obras manifestan os seus sentimentos, emocións e momento vital polo que están a pasar.
Para rematar, por unha banda, fixemos a nosa propia versión dun cadro que nos chamou especialmente a atención. "El grito" de Munch,
e por outra realizamos un taller de robótica que tivo por título " De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro". A través do conto reflexionamos sobre as diferentes emocións, e despois, fomos quenes de elaborar un sinxelo robot empregando unha pila, cables, un motor, unha hélice e material de refugallo.
Foi unha actividade ben entretida respectando todas as medidas de seguridade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario