O día 13 de febreiro foi o Dia Mundial da Radio e desde a biblio non quixemos deixar pasar este día sen recordar como este medio forma parte da historia da humanidade, posto que segue os diversos acontecementos da nosa sociedade e se adapta aos constantes cambios. A medida que o mundo cambia, tamén o fai a radio.
Ao longo de toda a semana en Centieiras escoitouse a radio en todas as aulas. Foi unha boa maneira de activarse e de agardar a que comezaran as clases. Escoitamos as novas do día, música clásica, rock... e aprendimo moito deste medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario