jueves, 4 de junio de 2026
AS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS EN CENTIEIRAS
O 15 de maio celebramos no noso centro os Maios e o Día das Letras Galegas.
Este ano as Letras Galegas dedicáronse a Begoña Caamaño, xornalista e escritora galega.Durante varias semanas estivemos traballando nos diferentes cursos actividades para afondar na súa vida e nas súas obras. Os alumnos realizar o debuxos sobre as portadas dos seus libros máis famosos, sobre o seu traballo na radio, realizaron actividades interactivas para afondar na súa vida e nas súas ideais... Por iso, neste 15 de maio o alumnado de 6º realizou unha lectura compartida sobre Begoña Caamaño, como homenaxe, xunto ao alumnado do centro, profesorado e familias.
Previamente á lectura compartida, as alumnas e os alumnos de Centieiras realizaron os maios por quendas, xunto co profesorado e familias. Gozamos deste tempo xuntos, colocando flores, verde, limóns e laranxas para ter como resultado final uns fermosos maios.Unha vez rematados, os maios foron levados á pista e alí, reunímonos todas e todos para compartir a dita lectura que nos fixo o alumnado de 6º de primaria sobre Begoña Caamaño.A continuación, familias e alumnado fixeron unha repichoca na que desfrutamos moito todos e todas bailando ao son da música. Non hai mellor forma de rematar a xornada que todas e todos xuntos bailando!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario