O alumnado de Eucación Infantil neste primeiro trimestre aprendemos moitísimo sobre o Camiño de
Santiago:
Iniciamos o proxecto con
actividades de motivación, organizamos un foro de reflexión coa
participación da comunidade educativa que tivo a experiencia de peregrinar a
Santiago.
Todos os nenos e as nenas preparamos os elementos imprescindibles para facer a súa mochila e coñeceron a importancia da cantimplora á hora de hidratarnos no camiño.
Investigamos moito sobre a como a
cabaza que ademáis é propia do outono: tocamos, ulimos e bebimos dunha cabaza
de verdade, secamos as sementes. No nadal decoraron cabazas de cartulina con
motivos navideños para preparar un mural e decorar o espazo para a visita de
Papá Noel .
Seguindo cos elementos que caracterizan a peregrinaxe escoitamos a lenda “O milagre do cabaleiro das vieiras” que levan colgada da mochila e despois elaboramos unha con pasta branca e pintada de xeito creativo.
Tamén a través da destreza de pensamento dun Compara e contrasta entre o bastón que acompaña ao peregrino e outro de nadal.
Aprendimos o significado do habitual saúdo se te cruzas con alguén que peregrina “Bo Camiño”e traballamos o trato de amabilidade. Escribimos diferentes carteis e en distintos formatos para facer un panel con todos eles axudados polo 4º curso de de primaria para escribir
E elaboramos un agasallo de nadal para as familias que consistía nun prato de pasta branca con purpurina a modo de baleirabolsillos no que levaba inscrita a mensaxe “Bo Camiño”
No hay comentarios:
Publicar un comentario