Traballamos con mapas de diferentes camiños para chegar a Santiago, e traballamos a orientación polo cole.
Realizamos un "vexo, penso, pregúntome" utilizando a imaxe dun peregrino por un camiño e tamén reflexionamos sobre a roupa que se utilizaba para facer o camiño antes e agora.
Relacionado con isto, no Entroido, disfrazámonos de "peregríns antigos", na clase fixemos os complementos, e organizamos un taller de confección do traxe coas familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario