O pasado venres 27 de setembro tivemos a presentación do noso proxecto que nos levará durante todo o ano a descubrir, investigar e aprender sobre o Camiño de Santiago.
Sorprendímonos moito ao ver que o teito da biblioteca é agora un ceo estrelado, aprendimos uns primeiros datos sobre o camiño e os peregríns.
Centi tamén nos contou que estaba bastante aburrido na biblioteca e que quere facer o camiño.
Entre todos e todas escollemos o nome do proxecto:
Despois subimos ás aulas e xogamos ao xogo da oca, que parece ser que simboliza o camiño de Santiago... Vaia sorpresa! Esta foi a primeira de moitas e apaixoantes xornadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario