Bo día rapazada!
Como sabedes, o 2 de abril foi o Dia
Internacional do libro infantil e xuvenil, data de nacemento de Hans Christian
Andersen. E o 23 de abril é o día internacional do libro.
Para promocionar os bos libros infantís e
xuvenís e a lectura entre os máis novos, desde a biblio de Centi queremos
facervos unha proposta, aínda que sexa
de forma virtual.
En que consiste? Moi doado. Collemos o
libro que estamos a ler ou xa rematamos. Facémoslle unha foto, ben ao libro só,
ou ben a nós co libro. E enviamos a nosa foto ao correo da biblioteca: bibliocenti@gmail.com antes do 21 de abril.
Se hai alguén máis animado/a, pode gravar
un pequeno video no que presentedes o libro, digades o título, autor/a e
contedes brevemente o que máis vos gustou ou vos está gustando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario