O pasado día 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde o cole fixemos diferentes actividades: traballamos as emocións con diferentes contos como por exemplo: "Por 4 esquinitas de nada", escoitamos e familiarizámonos coa lingua de signos bailando e imitando con Magín Blanco a súa canción de "Todos somos capitáns", elaboramos o noso nome en Braille, visualizamos diferentes curtametraxes e os e as maiores recibiron a visita especial de Jose, que lles contou o seu día a día...Foi un gran día de aprendizaxe!
Dende Biblio Creativa tamén puxemos o noso graniño de area e elaboramos diversos paneis para traballar co escornabot. Por unha banda elaboramos uns paneis co alfabeto dactilolóxico nos que os nenos e nenas tiñan que mover o escornabot polas diferentes letras para formar o seu nome e por outra quixemos resaltar o papel de diferentes deportistas de élite con algunha discapacidade para visibilizar deste xeito que as discapacidades non supoñen unha barreira!
"No único no que somos iguais é en que somos diferentes!" Diferentes na forma de sentir, de comunicarnos, de ser, de pensar de estar...
Feliz día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario