Seguimos co PDI Emoticenti, o cal temos enfocado actualmente aos bicos. A finais do pasado trimestre comezamos a centrarnos en quen nos deu o noso primeiro bico, e neste xa estamos profundizando en investigar que tipos de bico damos (coñecendo tanto os que damos nós como os que dan os nosos compañeiros e compañeiras, podendo comezar así a bicar dunha nova forma). Con eles creamos un catálogo de bicos nas tres clases de Educación Infantil, e que poderán visualizalo sempre que queiran, pois queda gardado nas nosas bibliotecas de aula.
Esta semana tamén estivemos traballando as formas de saudar que teñen noutros países, diferentes ao noso, nas que non empregan os bicos ou que non o fan como facemos nós. Así, poden coñecer un pouquiño máis das outras culturas. A verdade é que lles chamou a atención e incluso provocou gracia e estrano algúns dos que traballamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario