Este ano estreámonos como biblioteca creativa e é por iso polo que moitas das nosas propostas no Nadal foron nesa liña.
Por una banda, levamos a cabo actividades con realidade aumentada: coa aplicación Quiver, decoramos unha casiña de xenxibre e unha árbore ben bonitas, despois escaneámolos coa tablet e puidemos observar como se "facían realidade". Tamén enchemos as aulas de árbores de Nadal coa aplicación "Dr. Panda AR Christmas Tree".
Por outra, puxemos guapo a Papa Noel cortándolle o pelo e incluso convertíndoo no Apalpador coa App "Toca Hair Salon Christmas Tree".
Tamén aproveitamos estas datas para adentrarnos no mundo da electricidade e facer unha postal de Nadal cun circuito de papel. O noso protagonista non podía ser outro que a nosa mascota: Centi, debuxado por Mara, alumna de 6º B! Mil grazas a ela!
Dende o equipo de biblioteca elaboramos unhas pequenas instrucións que vos deixamos a continuación, e a experimentar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario