Este xoves día 3 de decembro celebramos o día Da Discapacidade nas aulas e estivemos vendo o vídeo do conto “Por cuatro esquinitas de nada”.Gustounos moito e visualizámolo varias veces. Con este conto falamos do que é ter dificultades e da forma na que podemos axudar para sentirnos todas e todos mellor e ser capaces.Tamén interaccionaron cos escornabots e os taboleiros da linguaxe de signos, onde tiñan que moverse ao mesmo tempo que practicaban coas súas mans.
O enlace do conto https://www.youtube.com/watch?v=XmYstzKiZog
O equipo de educación infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario