jueves, 4 de junio de 2026
AS LETRAS GALEGAS E OS MAIOS EN CENTIEIRAS
viernes, 8 de mayo de 2026
jueves, 12 de marzo de 2026
ENCONTRO CON MARÍA CANOSA
O alumnado de 3º e 4º de primaria estivo a ler recentemente os libros da autora María Canosa “Escola de bruxas” e “Muriel. Caos no laboratorio lácteo”.
Onte tivemos a sorte de
recibir a visita de María Canosa na biblioteca do cole, onde os nenos e nenas puideron
facerlle unha entrevista para coñecela, tanto a ela coma o seu traballo, e descubrir
algúns segredos das súas historias.
Durante o encontro,
tamén lle entregaron un agasallo moi especial: un libro de recensións e varios
debuxos feitos por eles e elas. Finalmente, María asinou os exemplares dos seus
libros, e fixo deste momento, un fermoso recordo para todo o alumnado.
Queremos agradecerlle a María o seu cariño e proximidade,
e todas as cousas interesantes que compartiu con nós, transmitindo o valor da
lectura e do noso e alentando a seguir descubrindo o marabilloso mundo dos
libros. Agardamos poder seguir compartindo con ela máis encontros. E que estea pendente, porque axiña terá
novas dos rapaces e rapazas na súa caixa de correo 😉
lunes, 9 de marzo de 2026
8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Conmemoramos o 8
de marzo a través de varias propostas enxalzando o papel das mulleres na
historia de Fene, especialmente durante a reconversión do estaleiro.
1. Lectura e
dramatización.
O alumnado leu o
conto “As mulleres que non se renderon” e, utilizando unha caixa con
diferentes elementos, contou e dramatizou a historia. Unha forma lúdica de
mergullarse nas vivencias das mulleres da época.
2. Expositor “Para
mostra un botón”.
Realizamos un
pequeno expositor onde cada nena e neno colocou un botón nunha maqueta dunha
jacket, simbolizando o esforzo das mulleres por soster a sociedade fenesa nun
momento tan difícil.
3. Reflexión
persoal.
Para pechar a
actividade, o alumnado reflexionou sobre as mulleres da súa vida, compartindo
motivos e experiencias polas que se sinte agradecido, conectando a historia
local coas súas vivencias persoais.
Un ano máis, grazas
a toda a Comunidade Educativa pola participación e visibilidade da loita pola
igualdade que sempre latexa en Centieiras.
lunes, 23 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro achegándonos ata a praza do Concello para ler e recitar por cursos algúns dos seus poemas, homenaxeando así á súa figura e obra.
viernes, 30 de enero de 2026
LECTURAS COMPARTIDAS POLA PAZ
lunes, 22 de diciembre de 2025
NADAL 2025
Como cada ano no noso cole despedimos o trimestre e festexamos o Nadal coa colaboración e a participación de toda a comunidade educativa en varias actividades.
Para quentar motores, fixemos unha andaina San Silvestre toda a escola, engalanados e engalanadas cos mellores complementos de Nadal. Logo, despedimos o ano recreando as badaladas e cantando a panxoliña “Folerpas de paz”. A continuación recibimos a Papá Noel para pedirlle en persoa todos os bos desexos e agasallos, e por último, visitamos o mercadiño de Nadal que preparou e organizou o noso alumnado de 6º de Primaria para recadar fondos para a súa excursión de fin de curso.
MOITAS GRAZAS á ANPA, ás familias voluntarias e ao profesorado do centro pola implicación e o esforzo para facelo posible. Pasámolo xenial! Boas festas e feliz 2026!
lunes, 15 de diciembre de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Chegan as vacacións de Nadal, un tempo ideal para gozar da lectura. Desde o centro propoñemos unha selección de lecturas recomendadas, pensadas para acompañar ao alumnado e familias durante estes días e seguir fomentando o gusto polos libros.
Animamos a todas as familias a compartir momentos de lectura, descubrir novas historias e facer da lectura unha parte especial das festas.
Bo Nadal e boas lecturas!
jueves, 4 de diciembre de 2025
3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
“A única discapacidade na vida é unha mala actitude”
Scott Hamilton (deportista de élite que superou un cancro).
A diversidade e a discapacidade (diversidade funcional)
forman parte do mundo que temos arredor. No noso centro cremos que dar
visibilidade, o respecto, a empatía e a asertividade son ferramentas clave que
sempre debemos levar con nós para a inclusión das diferenzas na nosa sociedade.
Por iso, neste día, o alumnado de educación infantil e
primeiro ciclo de primaria traballou nunha proposta achegada dende Polos
Creativos sobre discapacidade visual; e os nenos e nenas de 3º a 6º de
educación primaria participaron no obradoiro de baloncesto en cadeira de rodas
co club deportivo inclusivo Basketmi Ferrol.
domingo, 30 de noviembre de 2025
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS
Arrincan as Crónicas de Centieiras neste mes de novembro con moitas novas. Hoxe nolo conta o alumnado de 5º e de 1º de educación primaria.
Desfrutade do programa!!
miércoles, 26 de noviembre de 2025
25N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O pasado 25 de novembro conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
En Centieiras somos conscientes da necesidade de facer fincapé nun día tan importante, xa que as mulleres seguimos a sufrir esta violencia explícita ou implícita no noso día a día.Por este motivo, e seguindo os obxectivos marcados dentro do plan de igualdade do centro, o equipo de biblioteca xunto co equipo de EDNL e toda a comunidade educativa, participamos na realización de diversas actividades ao longo deste mesmo día pero preparadas durante os días previos á conmemoración.
Coma vimos facendo desde hai uns anos participamos nas actividades propostas pola FANPA, que este ano estaban dirixidas ao coñecemento dos MICROMACHISMOS.Proporcionáronnos un tríptico explicativo e un megáfono para poder expresar a nosa repulsa contra este tipo de violencia.
Desde o equipo de biblioteca seleccionamos diferentes curtas e vídeos nos que o alumnado podía ver exemplos claros de micromachismos para poder identificalos e intentar erradicalos, que foron traballados nas diferentes titorías; tamén realizamos diferentes carteis para expoñer algúns exemplos de micromachismos.
Para pechar esta xornada, tivemos unha nova edición de Lecturas Compartidas na que o alumnado lector seleccionou libros da nosa biblioteca relacionados coa temática do 25N e a igualdade de xénero.
martes, 4 de noviembre de 2025
SAMAÍN, MAGOSTO E DÍA DO PEÓN
Tamén tocaron
unha canción dedicada á nosa mestra Ana, que ese día se despediu da escola.
Feliz xubilación, Ana, botarémoste de menos!
Foi unha xornada
moi divertida na que compartimos, risas, xogos, castañas, chocolate e música
galega para conmemorar algunhas das máis importantes tradicións da nosa terra.
Que máis se pode pedir?!
Só nos queda agradecer a colaboración e o esforzo de todas as persoas que o fan posible: ANPA, familias voluntarias e profesorado do centro. Sen a vosa axuda non sería posible, así que GRAZAS!
lunes, 3 de noviembre de 2025
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
Para celebrar que novembro é o mes da ciencia en galego, e en liña co noso PDI “Paseando por Fene”, propoñemos na nosa biblioteca varias actividades nas que os nosos nenos e nenas aplicaron e compartiron coñecementos científicos: roteiro por Fene co panel de robótica, visitas virtuais coas gafas VR, obradoiro de chapas e proposta de investigación sobre a flotabilidade.
martes, 28 de octubre de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Celebramos o Día das Bibliotecas por todo o alto no noso cole!
jueves, 23 de octubre de 2025
VISITA A NAVANTIA FENE
O pasado venres
17 de outubro, todo o alumnado e profesorado do CEIP Centieiras realizamos unha
saída moi especial: visitamos as instalacións de Navantia Fene, unha das
empresas máis importantes e emblemáticas do noso concello.
Esta visita foi
moito máis ca unha excursión: marcou o inicio do noso Proxecto Documental
Integrado “Paseando por Fene”, co que queremos descubrir, aprender e poñer en
valor o noso entorno máis próximo. E non poderiamos comezar mellor ca en
Navantia, unha empresa coa que Fene se identifica e da que nos sentimos moi
orgullosas e orgullosos.
A xornada comezou
cunha presentación informativa, na que o persoal de Navantia nos explicou o
funcionamento dos distintos departamentos, os proxectos en marcha e,
especialmente, o proceso de construción das “jackets”, unhas enormes estruturas
destinadas á instalación de parques eólicos mariños.
Despois, subimos
a un autobús que nos levou por todo o recinto, e así puidemos coñecer de
primeira man o tamaño, a complexidade e a historia deste espazo industrial tan
significativo para Fene. Durante a visita ás instalacións de Navantia, o
alumnado quedou especialmente impresionado coas dimensións xigantescas do
guindastre do pórtico. Ao situarse ao seu carón, o contraste resultaba
abraiador: as súas proporcións facían que as rapazas e rapaces se sentisen minúsculos,
como formiguiñas nun espazo pensado para traballos de enorme envergadura. Este
impacto visual axudoulles a tomar conciencia da magnitude do traballo que se
realiza en Navantia e da complexidade da construción.
Tamén visitamos o
museo da empresa, onde aprendemos máis sobre a súa traxectoria e a importancia
que tivo na vida económica e social da comarca.
Moito do alumnado
alí presente quedou tan fascinado que saíu da experiencia con ganas de formar
parte deste mundo de Navantia e, no futuro, traballar nesta empresa como o
fixeron os seus familiares.
Grazas ao
departamento de visitas e eventos de Navantia Fene pola súa atención,
amabilidade e pola excelente preparación e organización da visita.
jueves, 2 de octubre de 2025
ESCOLLA DO NOME DO NOSO PDI
Como cada ano, no noso centro levamos a cabo un PDI que parte dende a biblioteca. Este curso leva como tema principal Fene para achegar e coñecer máis en profundidade a nosa contorna. Despois de facer chuvias de ideas e indagar sobre os coñecementos do noso alumnado ao respecto, pedímoslle a súa colaboración para atopar un nome ocorrente e orixinal para este proxecto, vivenciando unha votación para escoller entre tod@s o mellor
.
viernes, 13 de junio de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Deixámosvos unhas recomendacións lectoras para o verán.
Agardamos que sexan do voso agrado.
miércoles, 11 de junio de 2025
CONTOS DE BOCA NO MES DO LIBRO
Esta semana, con motivo da conmemoración do Día do Libro, recibimos a visita dalgunhas familias para compartir con nós un espazo para a lectura e o desfrute dos libros. Neste caso acompañáronnos Lucía, Salva e Diego con tres contos marabillosos: Tengo un volcán, La ovejita que vino a cenar e O libro das sete cores.
Grazas infinitas por vir e compartir estes momentos tan preciados e bonitos que sen dúbida recordarán para sempre e que nos achega un pouco máis ao fermoso mundo dos contos.
lunes, 5 de mayo de 2025
CONTOS CON MIGA
O pasado martes tivemos na biblioteca do noso cole unha visita moi especial. Contamos co privilexio de escoitar a Carlos Yus, compoñente de Migallas Teatro.
Esta actividade, integrada no programa de "Lectura e Familias"consistiu en escoitar contos e cancións en familia que nos fixeron pensar sobre cuestións como a solidariedade, o consumismo, os xogos e a lingua.
viernes, 4 de abril de 2025
VISITA DE MARÍA CANOSA
Hoxe, o alumnado de 3º e 4º EP recibiu a visita da escritora María Canosa, autora do libro "Escola de bruxas", libro que estiveron e ler dende a volta das vacacións de Nadal.
María Canosa contoulles o proceso de escritura dun libro, e onde e en que se inspirou para escribir este. Estiveron moi atentos ás súas explicacións.
Despois fixéronlle unha morea de preguntas sobre o libro que ela contestou gozosa. Díxolles que, dado que vía que o libro lles gustara tanto, que cabía a posibilidade dunha segunda parte ou continuación do mesmo. Eles aplaudírona pois queren saber como remata a historia de Mencía, se por fin é quen de ser boa bruxa.
O alumnado entregoulle un pequeno dossier con debuxos feitos por eles mesmos das partes do libro que máis lles gustaron. Ela alegrouse moitísimo, e díxolles que lle encantaba que os nenos e as nenas a fixeran partícipe do traballado cos seus libros.
Rematou asinando o libro de cada un. Ah! e tamén asinou no libro de visitas da nosa biblioteca!
Quedaron encantados con esta visita, e agardan que non tarde en volver.















