Conmemoramos o 8
de marzo a través de varias propostas, enxalzando o papel das mulleres na
historia de Fene, especialmente durante a reconversión do estaleiro.
1. Lectura e
dramatización.
O alumnado leu o
conto “As mulleres que non se renderon” e, utilizando unha caixa con
diferentes elementos, contou e dramatizou a historia. Unha forma lúdica de
mergullarse nas vivencias das mulleres da época.
2. Expositor “Para
mostra un botón”.
Realizamos un
pequeno expositor onde cada nena e neno colocou un botón nunha maqueta dunha
jacket, simbolizando o esforzo das mulleres por soster a sociedade fenesa nun
momento tan difícil.
3. Reflexión
persoal.
Para pechar a
actividade, o alumnado reflexionou sobre as mulleres da súa vida, compartindo
motivos e experiencias polas que se sente agradecido, conectando a historia
local coas súas vivencias persoais.
Un ano máis, grazas
a toda a comunidade educativa pola participación e visibilidade da loita pola
igualdade que sempre latexa en Centieiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario