jueves, 4 de diciembre de 2025

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

     
“A única discapacidade na vida é unha mala actitude Scott Hamilton (deportista de elite que superou un cancro).

A diversidade e a discapacidade (diversidade funcional) forman parte do mundo que temos arredor. No noso centro cremos que dar visibilidade, o respecto, a empatía e a asertividade son ferramentas clave que sempre debemos levar con nós para a inclusión das diferenzas na nosa sociedade.

Por iso, neste día, o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria traballou nunha proposta achegada dende Polos Creativos sobre discapacidade visual; e os nenos e nenas de 3º a 6º de educación primaria participaron no obradoiro de baloncesto en cadeira de rodas co club deportivo inclusivo Basketmi Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario