E seguimos desfrutando da boa compañía dos axudantes/as de biblioteca. Hoxe temos a Martina que nos quere contar a "Bruxa regañadentes" que como di ela "é un conto que case todo o mundo leu pero que gusta moito".
Ata a semana!
E seguimos desfrutando da boa compañía dos axudantes/as de biblioteca. Hoxe temos a Martina que nos quere contar a "Bruxa regañadentes" que como di ela "é un conto que case todo o mundo leu pero que gusta moito".
Ata a semana!
O pasado 12 de abril os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron unha videochamada moi especial, a de María Canosa.
En semanas anteriores estivemos a ler o seu libro "Unha fábrica de bicos" o cal, nos gustou moito e nos deu pé a reflexionar tanto sobre os bicos como sobre a exteriorización das nosas emocións, algo que estamos a traballar moitísimo este ano dentro do noso proxecto documental integrado: EMOTICENTI.
Ademais disto, e como complemento á lectura do conto e a charla con María Canosa, realizamos os nosos "scrapbook" é dicir representamos a parte do conto que máis nos gustou, a portada, o que nos inspirou... en definitiva, cada quen o que quixo nunha cartolina e con materiais diversos con total liberdade.
Deixámosvos unha mostra das obras de arte que fixeron estes nenos e nenas.
Estimadas, nenas, nenos e familias!
A vindeira semana celebramos a "Semana do libro" e dado que este ano non podemos contar coa vosa compañía, queríamos propoñervos que sexades vós os e as protagonistas das cubertas dos libros!
Escollede un libro que teñades na casa, e recreade a súa cuberta co que se vos ocorra (materiais de refugallo, disfraces, maquillaxe, complementos...) intentando representala o máis semellante posible.
Deixámosvos aquí dous exemplos dunhas profes de conto!
Teriades que enviar unha foto da portada do libro orixinal e outra foto coa portada recreada antes do día 19 de abril ao correo electrónico: bibliocenti@gmail.com.
Animádevos a participar!
Aroa Calvo preséntavos "EL MONSTRUO DE COLORES " unha suxerencia lectora chulísima. Escoitadea e de paso daravos moita gracia do ben que o fai.
Grazas Aroa
Andrea da aula de 5º de infantil quere recomendarvos "Fábulas de Esposo"porque ademáis de que lle gusta moitísimo para ler tamén é un puzzle. Graciñas Andrea.
Ao longo deste 2º trimestre en 1º e en 2º de Educación Primaria, e relacionado co noso PDI "Emoticenti" estivemos a traballar as emocións e a arte.
Para desenvolver esta actividade partimos sempre dun cadro introdutorio do pintor ou pintora a estudiar, a partir dos mesmos fixemos unha rutina de pensamento, coa que nos fomos familiarizando: vexo, penso e pregúntome.
Logo coñecimos a súa biografía e isto, xunto coa rutina, nos levaron a reflexionar que moitos e moitas artistas nas súas obras manifestan os seus sentimentos, emocións e momento vital polo que están a pasar.
Para rematar, por unha banda, fixemos a nosa propia versión dun cadro que nos chamou especialmente a atención. "El grito" de Munch,
e por outra realizamos un taller de robótica que tivo por título " De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro". A través do conto reflexionamos sobre as diferentes emocións, e despois, fomos quenes de elaborar un sinxelo robot empregando unha pila, cables, un motor, unha hélice e material de refugallo.
Foi unha actividade ben entretida respectando todas as medidas de seguridade.

Hoxe o alumnado de 2º ciclo fixo a súa primeira saída escolar seguindo todas as medidas do protocolo da COVID-19.
Primeiro visitamos a biblioteca municipal de Fene onde a bibliotecaria lles explicou aos nenos e as nenas como funcionaba a biblioteca, mostroulles as instalacións, como se realizaban os empréstitos e como estaban colocados os libros.
Despois tivemos a grande sorte de visitar a exposición de Julia Pita e de contar coa súa presenza. Contounos que comezara a pintar aos 55 anos, que pinta con óleo e que moitas veces busca inspiración en fotos que ve na internet. Julia estaba acompañada do seu profesor de pintura Jose Ángel, co cal falamos de todos os materiais que se precisan para pintar: caballetes, pinturas, lienzo... E destacou que unhas das cousas fundamentais para facer estas obras é a creatividade.
Para finalizar a saída fomos tomar a parva ao Parque do Paiaso onde desfrutamos moito do aire libre e do día fermoso que nos acompañou.
Deixámosvos unha mostra deste día.
Nesta ocasión a recomendación faina Eire, da aula de 4º de Educación Infantil. Ensínanos o seu conto favorito " CORRE, CORRE, CABACIÑA" e despois de lelo na aula o é para moitos máis.
Grazas Eire
Despois do catálogo de bicos seguimos as investigacións no noso PDI de benestar físico ,social e emocional " En que momento do día naciches?.Preparamos primeiramente a recollida de datos para despois relizar gráficas horizontais e verticais nas tres aulas de educación infantil e saber así en qué momento do día naceron. Se foi más ben pola mañá , á tarde ou xa pola noitiña. As gráficas son marabillosas porque lles permite ler datos con autonomía xa que é moi visual e sobre todo foi manipulativa con ábacos e pezas grandes .