Hoxe Uxía e Rosalía de 6ºB cóntannos Orellas de bolboreta
jueves, 11 de marzo de 2021
lunes, 8 de marzo de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA A IGUALDADE -8 MARZO
Os libros serven para entreter , pero tamén para educar e transmitir valores.Nun día tan importante coma hoxe ,8 de marzo,Día Internacional da muller, dende a biblioteca queremos recomendarvos estas lecturas para lograr un mundo máis xusto en igualdade de xénero.Para educar en igualdade e para que o noso alumnado e as vosas fillas e fillos comprendan que non é cuestión de ser muller ou home senón das nosas habilidades e capacidades.
miércoles, 3 de marzo de 2021
RECOMENDACIÓN LECTORA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Lucas de 3 aniños , recomenda un conto que lle gusta moitísimo e que como el dí é moi bonito.Escoitádeo e veredes! OS TRES PORQUIÑOS.
domingo, 28 de febrero de 2021
DÍA DE ROSALIA
O pasado día 24 de febreiro conmemoramos no centro o "Día de Rosalía". Ao longo da semana traballamos coa magnífica unidade didáctica que elaboraron os Equipos de Dinamización da Lingua Galega.
Con ela aprendemos sobre a súa biografía e sobre as súas obras.
Ademais disto, aproveitamos a semana para ler diversos poemas, dos mesmos, escollimos diferentes versos cos que nos fotografamos nun precioso photocall elaborado por Bruno Lopes. Un millón de grazas por un traballo tan fermoso
Con todas as fotos elaboramos o seguinte vídeo. Que vos parece?
miércoles, 24 de febrero de 2021
LECTURAS DE ROSALÍA
Nesta data tan sinalada como é o "Día de Rosalía" non queríamos deixar de presentarvos algúns dos seus exemplares cos que temos a sorte de contar en BIBLIOCENTI.
A disfrutar deste día e que gocedes das lecturas!
martes, 23 de febrero de 2021
A APERTURA DA BIBLIOTECA!
Este mes de febreiro foi moi intenso xa que por fin, puidemos volver a abrir a biblioteca! Para adaptarnos a esta nova situación tivemos que facer uns cambios organizativos, o máis relevante é que agora o uso da mesma está limitado cada día a un grupo-clase. -Os demais podedes velos nunha publicación anterior na que detallamos as normas de uso nunha pequena infografía-. Este feito implica que os nenos e nenas non a poidan visitar tanto coma antes porén o día que lles toca é un día moi esperado de festa e celebración!
Ollade o ben que o pasan!
sábado, 20 de febrero de 2021
Recomendación lectora. Hugo Moure
Hugo Moure Rico de 6ºB fainos unha boa suxerencia e recomendación dunha colección para a nosa biblioteca. Non vola perdades!
miércoles, 17 de febrero de 2021
Recomendación lectora: "Unha última carta"
Hoxe temos a visita de Alejandra, que nos acompaña contándonos "Unha última carta" (Premio Compostela) de Antonis Papatheodoulou e da editorial Kalandraka.
Agardamos que vos guste!
CELEBRAMOS O ENTROIDO
Esta semana foi moi emocionante e divertida!
Dende o luns, seguimos os mandados da nosa bruxa Encarnación!
lunes, 15 de febrero de 2021
DÍA MUNDIAL DA RADIO
jueves, 11 de febrero de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
sábado, 6 de febrero de 2021
DÍA DA PAZ
A
educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto
polos Dereitos Humanos, a non violencia, o entendemento entre persoas de
distinta procedencia e ideoloxía, a paz,... son principios que deben formar
parte do no noso día a día; contidos que durante esta semana as nenas e nenos
do noso cole estiveron a traballar dun xeito moi especial con motivo da
conmemoración do Día da Paz que celebramos o pasado venres día 29 de
xaneiro.
Comezamos
coñecendo, a partir dun xogo cos escornabots, algunhas personalidades
destacadas pola súa loita pola paz como Malala, Nelson Mandela e Wangari
Maathai, traballamos un conto que nos gustou moito "Imagine" de John
Lennon e decoramos unhas pombas da paz para facer entre todos os nenos e nenas do
colexio un mural para esta data.
MALETAS VIAXEIRAS
Ao longo do mes de xaneiro tivemos a sorte de recibir no noso centro dúas maletas viaxeiras: a maleta inclusiva para Educación Infantil, 1º e 2º e a maleta creativa, para 3º, 4º, 5º e 6º. ambas con multitude de recursos que fascinaron ao noso alumnado. Xogamos, limos e non deixamos de aprender.























