Grazas as familias de Tristán, Xantal e Daniela, quedounos un "Recanto de Construcións" do máis fermoso.
Moitas grazas, familias!
jueves, 12 de diciembre de 2019
miércoles, 11 de diciembre de 2019
Vamos a Radio Fene!
Hoxe o alumnado de 3º de Educación Primaria experimentou de primeira man o intenso traballo que realiza un xornalista. Recolleron información, contrastárona e finalmente redactárona para emitila na radio do noso concello.
Os nosos xornalistas, ademais de contar todo o que fixemos neste primeiro trimestre, contáronnos o que cada curso está a traballar sobre o Camiño de Santiago...non volo perdades, pois é realmente interesante!
Agradecemos especialmente a colaboración de Xavier, sen él non podería ser posible!
Os nosos xornalistas, ademais de contar todo o que fixemos neste primeiro trimestre, contáronnos o que cada curso está a traballar sobre o Camiño de Santiago...non volo perdades, pois é realmente interesante!
Agradecemos especialmente a colaboración de Xavier, sen él non podería ser posible!
jueves, 5 de diciembre de 2019
Xoves de contos
Hoxe Xavi, Xabi e David estreáronse como auténticos contacontos. Para esta estrea escolleron "A guerra dos números" de OQO Editora.
martes, 3 de diciembre de 2019
Día internacional das Persoas con Discapacidade
Hoxe, día 3 de decembro, conmemoramos o" Día Internacional das Persoas con Discapacidade"
Cada afillada/o estivo coa súa madriña/padriño lendo e descifrando unha palabra que estaba escrita en Braille, e despois, na biblioteca, vimos unha presentación "Z MEN, OS NOVOS SUPERHEROES".
Para rematar a xornada, escoitamos todos xuntos/as a canción de "Extraordinarios" de Maldita Nerea. Deixámosvos o video por se queredes volver a escoitala.
jueves, 28 de noviembre de 2019
Xoves de contos
Como xa saberedes, todos os xoves as nenas e os nenos de 6º contan un conto durante o recreo na biblioteca para o alumnado que queira asistir. As propias contadoras escollen o conto que van ler, preparan a lectura e fan un debuxo anunciando o contacontos. Cando chega o día, anuncian o conto por megafonía ás 9 da mañá, para que todo o alumnado da escola o escoite e, a continuación, reparten un convite para cada clase.
Este xoves, foi o turno de Noa e Paula, que contaron Orellas de Bolboreta. A biblio estaba ateigada e elas fixérono de marabilla!
miércoles, 27 de noviembre de 2019
Obradoiro de igualdade
Hoxe veu Lidia a contarnos un conto moi fermoso sobre a igualdade e acabamos manchando todas e todos as mans de lila para facer un mural que deixaremos pendurado na biblioteca.
martes, 26 de noviembre de 2019
Comezamos cos amadriñamentos/apadriñamentos lectores
Esta semana tivemos a sorte de comezar a compartir momentos lectores cos afillados e afilladas. Os padriños e as madriñas foros buscar aos pequenos/as ás súas aulas e despois estiveron léndolles contos. Algúns estiveron na biblioteca , outros no recanto das familias e polos corredores.
Ollade que vén estiveron:
lunes, 25 de noviembre de 2019
domingo, 24 de noviembre de 2019
AMADRIÑAMENTOS LECTORES
Ao longo da semana semana pasada tivo lugar na nosa biblio un acontecemento moi importante: asinamos os contratos de amadriñamento lector! Como podedes ver na imaxe isto supón tanto un compromiso por parte dos pequenos e pequenas do centro como por parte dos maiores, compromiso á escoita, compromiso á atención... Asinar un contrato é algo moi serio!
Que faremos a partir de agora?
Agora que todos os nenos e nenas do centro teñen unha madriña ou un padriño lector, sempre de cursos superiores, xuntaranse unha vez á semana na hora de ler para que estes lles lean un conto. Tratamos deste xeito de favorecer o hábito lector así como favorecer a socialización entre o alumnado de diferentes niveis.
Que faremos a partir de agora?
Agora que todos os nenos e nenas do centro teñen unha madriña ou un padriño lector, sempre de cursos superiores, xuntaranse unha vez á semana na hora de ler para que estes lles lean un conto. Tratamos deste xeito de favorecer o hábito lector así como favorecer a socialización entre o alumnado de diferentes niveis.
jueves, 21 de noviembre de 2019
Xoves de contos
Hoxe estreáronse Aitor e Diego como contadores. Escolleron o libro "Manu"
jueves, 14 de noviembre de 2019
Contamos no recreo
Hoxe foi o turno de Lara e Abril. Estiveron con nós no recreo para contarnos "Cocorico"
Fixérono xenia e o público quedou encantado!!
miércoles, 13 de noviembre de 2019
Inauguración de Recanto de Construcións
Hoxe tivemos unha grande novidade na biblioteca, inauguramos o "Recanto de Contrucións". Xa podemos idear crear e disfrutar do novo material.
jueves, 7 de noviembre de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















