miércoles, 16 de junio de 2021
RECOMENDACIÓN LECTORA
martes, 1 de junio de 2021
RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
Xa está a piques de chegar o verán e con el as nosas propostas de lectura. Agardamos que vos gusten e que goceces con elas!
O BAÚL DO ALZHÉIMER
En relación directa co noso PDI sobre o benestar e as emocións, chegou estos días ao noso cole un enorme baúl cargado con máis de mil contos distribuídos en cinco títulos, cuxo contido trata sobre as relacións cariñosas entre as avoas e avós con principio de alzhéimer e os seus netos e netas.
O baúl do Alzhéimer pertente aos fondos da biblioteca municipal de Betanzos e grazas á amabilidade da súa concelleira de cultura, Ana Belén Veiga, podemos disfrutalos en Centieiras ata final de curso.
Os cinco títulos son:
- Tengo una abuela diferente,
- La vecina de Miguelito.
- El escarabajo del abuelo Joaquín,
- El último juego de manos y
- El hada del alzheimer.
Todos estos libros foron doados ao Concello de Betanzos a través da Obra Social da Fundación La Caixa. Están adaptados ás diferentes etapas lectoras e tratan cunha sensibilidade especial as dificultades que comezan ter os maiores e como as resolven as súas netas e netos con ese cariño único que hai entre ambos.
sábado, 29 de mayo de 2021
PECHE DO PDI
Xa chegando ao fin deste curso toca pechar o noso proxecto e non atopamos mellor forma de facelo que compartir todo o aprendido e o feito coas maiores e cos maiores da nosa contorna.
Lede atentamente.
jueves, 27 de mayo de 2021
VISITA A ASPANEPS
Onte pola mañá o alumnado de 4º de educación primaria do Ceip Plurilingüe de Centieiras fixo a súa primeira visita ao Taller Ocupacional Aspaneps.
Un espazo que se atopa no propio concello de Fene e co cal sempre desfrutamos das actividades que compartimos: Ao longo de moitos anos coa actividade"Ponte no meu lugar", o ano pasado coa celebración conxunta do "Día da Paz" a través de diversos obradoiros e lecturas compartidas, e este ano coñecendo o seu fermoso traballo que están a desenvolver arredor dos resíduos orgánicos e todas as actividades de horta.
Hoxe os nenos e as nenas de 4º farán unha pequena avaliación do aprendido e será o alumnado de 3º que realice a visita.
Deixámosvos unha pequena mostra.
domingo, 23 de mayo de 2021
MALETA CREATIVA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Ao longo do mes de abril, os alumnos e alumnas de Educación Infantil recibiron a visita dunha nova maleta viaxeira: a maleta creativa.
Esta trouxo moitos recursos novos, que foron todo un éxito. éxito para o tangram e pezas imantadas!
Gústannos estas maletas!
RECOMENDACIÓN LECTORA DE "ALDÁN" DE 4º DE INFANTIL
viernes, 21 de mayo de 2021
PDI:POESÍA, QUE RICOS OS BICOS
Nesta ocasión no PDI seguimos a traballar a afectividade e a necesidade de bicar ,aínda ca limitación que temos nestas datas.Entre todos os cursos de educación infantil preparamos a poesía "QUE RICOS OS BICOS" de Ce Orquestra Pantasma. Gravámola para todas e todos vós e aquí vos deixamos unha pequena mostra.Aconsellamos escoitalo completo no programa de radio do día 28 de maio, vaivos gustar!
sábado, 15 de mayo de 2021
PDI:XARDÍN ZEN PARA O DÍA DA FAMILIA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Para celebrar o día das familias ,o 15 de maio , realizamos un Xardín Zen para aumentar e favorecer a serenidade interior e reducir o estrés a través da súa beleza e elegancia, mediante a meditación e a reflexión.
Seguiron as instrucións de poñer tres vasos de area lavada e colocar tres pedras de tamaño grande, mediana e pequena e xa estaba listo o xardín !
O seu uso era moi sinxelo, soamente tiñan que mover a area axudándose do rastrillo e creando diferentes camiños.
Recomendabamos que estivera colocado nun lugar visible ,de fácil acceso para as nenas e os nenos e así participar toda a familia.
jueves, 13 de mayo de 2021
Aprendemos de Xela Arias
LETRAS GALEGAS 2021
As letras galegas deste ano 2021 dedícanse a XELA ARIAS, poetisa e tradutora, nada na provincia de Lugo no ano 1962.
viernes, 30 de abril de 2021
MALETA DE BANDA DESEÑADA
Este mes de abril, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a visita dunha nova maleta viaxeira: a maleta de banda deseñada.
Esta trouxo moitos recursos novos, entre eles moitos mangas que foron todo un éxito. Encantounos!
miércoles, 28 de abril de 2021
LÚA CONTA...
Hoxe Lúa veu contarnos "Nina e Antón". Unha historia na que se plasma un momento cotiá entre unha nena e o seu gato, que manteñen un tenro diálogo.
Agardamos que vos guste moito!


















