martes, 1 de junio de 2021

O BAÚL DO ALZHÉIMER

En relación directa co noso PDI sobre o benestar e as emocións, chegou estos días ao noso cole un enorme baúl cargado con máis de mil contos distribuídos en cinco títulos, cuxo contido trata sobre as relacións cariñosas entre as avoas e avós con principio de alzhéimer e os seus netos e netas.

O baúl do Alzhéimer pertente aos fondos da biblioteca municipal de Betanzos e grazas á amabilidade da súa concelleira de cultura, Ana Belén Veiga, podemos disfrutalos en Centieiras ata final de curso.

Os cinco títulos son:

- Tengo una abuela diferente,

- La vecina de Miguelito.

- El escarabajo del abuelo Joaquín,

- El último juego de manos y

- El hada del alzheimer.

Todos estos libros foron doados ao Concello de Betanzos a través da Obra Social da Fundación La Caixa. Están adaptados ás diferentes etapas lectoras e tratan cunha sensibilidade especial as dificultades que comezan ter os maiores e como as resolven as súas netas e netos con ese cariño único que hai entre ambos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario