viernes, 26 de noviembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O día 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Ao longo da semana afondamos neste tema e realizamos diversas actividades. 

Por unha banda, traballamos o conto de "Artur e Clementina" e elaboramos unhas chapas sobre el. 

Por outra, realizamos diversas propostas da FANPA: escoitamos a "Fala por min" da FANPA de Ferrolterra e gravamos un flashmob representando dita cancion.

Ademais  elaboramos tarxetas con mensaxes contra a violencia de xénero que posteriormente pegamos nunhas siluetas que formarán parte dunha exposición conxunta que se fará coa nosa creación e a de outros centros da zona que tamén realizaron a actividade. 


Deixámosvos tamén as nosas recomendacións lectoras para esta conmemoración que tivemos expostas nos corredores do centro. 

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS - NOVEMBRO

O 25 de novembro o alumnado de 1º e de 4º de Educación Primaria visitamos os estudos de radio Fene para gravar o programa de radio do mes de novembro.

Fomos subindo e entrando en pequenos grupos a gravar  mentres o resto agardaba fóra. 

Os compañeiros de 4º contaron as actividades que realizamos no centro dende setembro ata novembro e os nenos e nenas de 1º, seguindo o lema de bibliotecas escolares deste curso "A biblioteca escolar ten a palabra" e tratando de potenciar a tradición oral e oralidade no alumnado, recitaron unhas adiviñas sobre Samaín que previamente aprenderon. 

Queredes oir o programa? Premede aquí. 

CONCURSO DE LOGOS

 Este ano fixemos un "Concurso de logos" para ilustrar o material que se faga arredor do PDI deste ano: "Pingas científicas" E XA TEMOS GAÑADORA!

O debuxo escollido foi o realizado por Alicia Dopico Candal, de 5º de educación primaria. Ollade que ben quedaron as libretiñas!




lunes, 22 de noviembre de 2021

DÍA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

 O sábado, día 20 de novembro foi o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS. 

Para a súa conmemoración no colexio realizamos un mural conxunto. Para iso cada curso encargouse de traballar un dereito; un dereito que logo reflectiu no mural con palabras e debuxos.



Sempre é boa idea acompañar as datas sinalas cunha lectura acorde á temática, para esta data propoñémosvos a seguinte lectura coa que contamos na nosa biblioteca. 


domingo, 21 de noviembre de 2021

PDI"PINGAS DE CIENCIA" INFANTIL: DESCUBRINDO A LUZ

 Ademáis do corpo humano, os órganos e os sentidos, tiñamos moito interese pola luz. Comezamos por diferenciar luz natural e luz artificial con fotos na nosa contorna  e agora xa estamos moi inmersos. Mirade como facemos sombras, xogamos coas lanternas, simulamos os movementos da terra descubrindo o día e a noite , así coma a característica da luz de que se  propaga en liña recta.

Isto é moi interesante ,seguiremos !




martes, 16 de noviembre de 2021

AVANCES TECNOLÓXICOS

Este martes 16 de novembro o alumnado do 3º ciclo de E. Primaria tiveron unha charla- obradoiro sobre os avances tecnolóxicos na medicina. Guillermo, pai de Emma Moreira Moure e o seu compañeiro Antonio nos organizaron unha entretida e interesantísima charla. Temos que agradecerlles a dedicación, a paciencia e o ben que nolo explicaron todo. 






FAMILIAS INMERSAS NO PDI

 As familias tamén queren participar no noso PDI de ciencia con aquelo que eles e elas coñecen. A familia de Martiño Maceiras e de Leo González troxeron uns robots para ver o seu funcionamento e un circuito eléctrico para diferenciar un pulsador dun interruptor. Non hai cousa que mais lles guste "que veña as súas familias".




viernes, 12 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO DE CO2

Hoxe veu á aula de 4º EP Lorenzo, pai de Carmela e de Roque, e fixo un experimento con CO2. 

Primeiro falounos dos usos e dos beneficios do CO2 (as plantas necesítano para realizar a fotosíntese, úsase en todos os refrescos que levan gas, na auga mineral con gas...), e tamén dos estragos que se poden producir cando facemos un mal uso (contaminación, cambio climático...).

Nunha caixa precintada traía xeo seco (para poder collelo e non queimar as mans tuvo que poñer unhas luvas, porque conxela a -78ºC); e nuns termos había auga moi quente... Botou a auga nun recipiente de cristal e a continuación o xeo seco, era impresionante escoitar como burbulleaba a auga en contacto con ese xeo seco!!!  

O que pasou a continuación non volo imos contar, mirade as fotos e o descubriredes!!!














Grazas Lorenzo por vir á nosa aula, pasounos o tempo voando, non queriamos que marcharas!!!

lunes, 1 de noviembre de 2021

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O pasado venres 29 celebramos no centro a festa de "Samaín". 

Podedes ollar na páxina web do centro os disfraces máis terrórificos que trouxeron os nenos e nenas premendo na seguinte imaxe.

A maiores de vir disfrazados e disfrazadas tivemos merendas terroríficas, concurso de relatos de terror e tamén lecturas a escuras!

A nosa biblioteca contribuiu a esta conmemoración através dunha exposición de recomendacións lectoras de medo. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres 22 de outubro conmemoramos no centro o " Día das bibliotecas escolares", para iso levamos a cabo diversas actividades. 

Por unha banda, foi o día de saída das mochilas viaxeiras e como novidade deste ano incluimos un xogo educativo en cada unha delas!

Por outra, despois de dous anos de limpeza, actualización e renovación de fondos bibliográficos démoslle saída a todos eses contos descatalogados e como? Pois facendo un troco! 

Cada neno e cada nena tiña que traer un alimento non perecedeiro e a cambio podería levar aqueles libros que máis lle gustaran. Todos os alimentos obtidos donáronse a unha entidade local que traballa con familias en situación de vulnerabilidade social. 

Dende aquí queremos agradecer as familias pola súa implicación para que este tipo de actividades sexan posibles. GRAZAS!




lunes, 25 de octubre de 2021

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS VERTEBRADOS

O alumnado de 4º EP está a facer, en pequenos equipos, un traballo de investigación sobre os animais vertebrados. Cada equipo encárgase dun dos animais dos diferentes grupos nos que se clasifican estes animais: peixes, mamíferos, anfibios, réptiles e aves.

jueves, 21 de octubre de 2021

PDI"PINGAS DE CIENCIA" INFANTIL: DESCUBRINDO O CORPO

 En todas as aulas de educación infantil estamos descubrindo o corpo humano e os seus órganos, o cerebro ,o corazón e moito máis que seguiremos investigando!

Partimos do corpo por ser o máis próximo ao alumnado, para ser conscientes do seu propio corpo e así quererse e formar unha imaxe interna axeitada de sí mesmas/os.




miércoles, 20 de octubre de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado 18 de outubro conmemoramos no centro o "Día das escritoras" con diversas actividades en todos os niveis. 
En Educación Infantil xogamos a identificar as portadas dos diferentes contos infantís escritos por mulleres, moitos deles xa eran moi coñecidos polos nenos e nenas!
En 1º, 2º e 3º lemos a biografía de diferentes autoras e realizamos un caderniño de actividades sobre elas: sopas de letras, iustración de escritos...
Deixámosvos por aquí unha pequena mostra do mesmo, o cal adaptamos para os diferentes niveis.  
  

     


En 4º e en 5º e 6º, aproveitándonos do proxecto E-dixgal os nenos e nenas realizaron unha búsqueda de información sobre diversas escritoras galegas, co material elaborado realizaron unha exposición no hall do centro para que todos os membros da comunidade educativa o puideran ver.

Mais sen dúbida, a actividade estrela do día foi a venta por parte do alumnado de 6º de Educación Primaria tanto de marcapaxinas para conmemorar esta data como de chapas que eles e elas mesmas elaboraron nas que o debuxo das mesmas era unha portada dun libro escrito por unha muller galega. Algúns dos títulos que máis éxito tiveron foron os de: "Corre, corre cabaciña" ou o de " A casa da mosca chosca". Os cartos recadados irán para a súa excursión de fin de curso.