lunes, 1 de noviembre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O venres 22 de outubro conmemoramos no centro o " Día das bibliotecas escolares", para iso levamos a cabo diversas actividades. 

Por unha banda, foi o día de saída das mochilas viaxeiras e como novidade deste ano incluimos un xogo educativo en cada unha delas!

Por outra, despois de dous anos de limpeza, actualización e renovación de fondos bibliográficos démoslle saída a todos eses contos descatalogados e como? Pois facendo un troco! 

Cada neno e cada nena tiña que traer un alimento non perecedeiro e a cambio podería levar aqueles libros que máis lle gustaran. Todos os alimentos obtidos donáronse a unha entidade local que traballa con familias en situación de vulnerabilidade social. 

Dende aquí queremos agradecer as familias pola súa implicación para que este tipo de actividades sexan posibles. GRAZAS!




No hay comentarios:

Publicar un comentario