martes, 1 de diciembre de 2020

CIENCIA EN GALEGO DAS BIBLIOTECAS EN INFANTIL

Este mes de novembro foi o mes da ciencia en galego das bibliotecas e chegaron  os escornabots ás aulas de infantil.Foron recibidos con moita expectación e interactuaron con distintos taboleiros, mulleres na ciencia,  emocións e protocolo Covid.Amosaron gran interés e curiosidade con esta actividade.Desexando voltar a xogar con eles.











PDI "EMOTICENTI":BOTELLA DA CALMA

En todas as aulas de infantil elaboramos as nosas botellas da calma para levar a casa seguindo as instrucións escritas polo alumnado de 1º e 2º de primaria.A maiores fixemos unha botella  para quedar en cada aula dentro da Cesta da Calma con outros elementos , colleranna cando a precisen para xestionar as emocións e así calmarse e relaxarse.É unha ferramenta que axuda ás nenas e nenos a xestionar as súas emocións dende a concentración, a respiración e o acompañamento emocional.
Foi divertido realizalas e causoulles moito interés.

«Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo«.Cita de Benjamin Franklin.




CIENCIA EN INFANTIL:EXPERIMENTOS

 Neste mes da ciencia realizamos varios  experimentos dentro da aula no ciclo de educación infantil. Xeraron curiosidade polo descoñecido e entusiasmo por ver e descubrir , o mellor de todo é a reflexión que promove e as conclusións que aportan.











lunes, 30 de noviembre de 2020

Recomendacións lectoras "EMOTICENTI"

 Este ano estamos traballando arreo co PDI "Emoticenti". O recanto da entrada xa está cheíño de libros para poder aprender moitas cousas. Agardamos que gostedes desta nova andaina.




sábado, 28 de noviembre de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado venres 25 de novembro e ao longo de toda a semana levamos a cabo no centro diferentes actividades en relación ao "Día Contra a Violencia de Xénero". Por unha banda, pintamos adoquíns da cor que representa este día: o lila e posteriormente os colocamos formando un Land Art que permanecerá no noso patio. Por outra, nas aulas levamos a cabo diversas lecturas de contos como por exemplo "Rosa Caramelo". A partir das mesmas, reflexionamos sobre a igualdade e elaboramos diferentes lemas e frases que quedaron expostas no na entrada do centro. 




martes, 24 de noviembre de 2020

ESCORNA MUSICAIS

Esta semana tivemos unha clase de música un pouco diferente xa que quixemos experimentar cos escornabots.

Foi unha sorpresa poder repasar as notas e as escalas musicais deste xeito pero aos nenos e nenas  non lles costou nadiña entender o funcionamento nin aprender a programar os "Escornas".

Houbo que seguir as quendas rigorosamente e desinfectalos despois de cada uso, pero seguindo o protocolo puidemos desfrutar desta nova ferramenta.







martes, 17 de noviembre de 2020

AS EMOCIÓNS. RETO DE IOGA, A TARTARUGA

En Educación Infantil, presentamos o reto da postura de ioga "A tartaruga" cun conto deste animaliño,que aprendeu con esta postura a controlarse e resolver os problemas que tiña cando se enfadaba ou se enfurecía. O reto foi doado, practicamos e practicamos esta postura e...conseguímolo! Agora xa sabemos como entrar na calma se o necesitamos. E aquí están os nenos e nenas, imaxinando que son tartarugas!




RECOÑECEMOS EMOCIÓNS

Dentro do PDI, Emoticenti, en Educación Infantil xa estamos a recoñecer as diferentes emocións que sentimos e a falar sobre elas.Todo o alumnado participa para contar como se sinte! O conto "O monstro de cores" foinos de gran axuda nesta actividade.



miércoles, 11 de noviembre de 2020

Crónicas de Centieiras (Novembro)

Hoxe ás 13:00 horas emitiuse en Radio Fene o programa de radio no que participaron as nenas e nenos de 6º de Educación infantil e de 4ºB de Educación primaria do noso cole. Nel contáronnos as últimas novas do Ceip Centieiras e as cousas máis destacadas de cada curso.




Por se non tivéstedes a ocasión de escoitalo en directo, a continuación vos deixamos a súa gravación.


 

martes, 10 de noviembre de 2020

EMOTICENTI INFANTIL:RECOÑECEMOS AS EMOCIÓNS

Estes días estiveron a fotografar as emocións para así identificalas e poder comprender mellor aos seus compis. Expresamos acotío como nos sentimos e colocamos a foto no tarro da emoción correspondente. Así pouco a pouco vamos avanzando no proxecto. EMOTICENTI:RECOÑECEMOS AS EMOCIÓNS



BOOKTRAILER: Rosalía recoméndanos...

 Neste novo Booktrailer Rosalía de 6ºB recoméndanos outra historia de Manolito Gafotas da escritora Elvira Lindo.

Booktrailer Rosalía