martes, 31 de marzo de 2020

Educación Infantil segue aprendendo sobre o Camiño

Ao longo do segundo trimestre, en Educación Infantil seguimos a traballar moi intensamente sobre o noso PDI: O camiño de Santiago: 
Traballamos con mapas de diferentes camiños para chegar a Santiago, e traballamos a orientación polo cole.




Realizamos un "vexo, penso, pregúntome" utilizando a imaxe dun peregrino por un camiño e tamén reflexionamos sobre a roupa que se utilizaba para facer o camiño antes e agora.
Relacionado con isto, no Entroido, disfrazámonos de "peregríns antigos", na clase fixemos os complementos, e organizamos un taller de confección do traxe coas familias.

lunes, 30 de marzo de 2020

Contos en cantos

Coma estes días non podedes visitar a biblioteca de Centi, déixovos uns videos para que poidades disfrutar dalgúns contos:

COCORICO




CHOCOLATA










O conto do Coronavirus


Podedes ollar este conto do coronavirus e animarvos a facelo!

miércoles, 25 de marzo de 2020

RECANTO FEDELLEIRO

Dentro da pequena reforma que tivo lugar este ano na biblio, unha das novidades foi a creación de diferentes recantos, entre eles, o recanto fedelleiro de robótica -podedes velo na foto- onde elaboramos un taboleiro válido para diferentes robots. Aquí os nenos e nenas se inician na linguaxe computacional, o que axuda á secuenciación, ao pensamento lóxico, a mellorar a capacidade de abstracción e descomposición así como a representar a información de diferentes xeitos. 
Para utilizar con éxito este recanto primeiro traballamos un pouquiño nalgunas clases tanto coa programación de robots propiamente ditos, como programando e taboleiro a través de diferentes xogos como o bits and bytes, que tamén adquirimos este ano o cal é un éxito tanto nas clases de afondamento matemático como no tempo de recreo na biblio.




miércoles, 11 de marzo de 2020

Visita á biblioteca municipal e ao Museo do Humor

Hoxe as nenas e nenos de infantil visitaron a biblioteca municipal de Fene e o Museo do Humor.
Silvia, a bibliotecaria, explicoulles como se organiza a biblioteca e como se fan os empréstitos dos libros. Tamén tiveron un tempo de lecer para ollar libros.
Despois, grazas a Almudena, descubrimos quen é Xaquín Marín e a que se adica, mostrounos moitas pinturas e algunha escultura, xogamos cos espellos que transforman a nosa silueta e descubrimos unha sala moi escura na que todo o branco brilaba.
Foi unha mañá do máis entretida na que ademáis de pasalo ben, aprendimos moitas cousas.


martes, 10 de marzo de 2020

Visita a Radio Voz.

Con motivo da Semana da Prensa os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria realizamos unha visita a Radio Voz. Alí tivemos a oportunidade de coñecer o funcionamento da radio e incluso de gravar o noso propio programa. Foi toda unha experiencia!
Mil grazas a Isidoro Valerio pola implicación e polo trato.

martes, 3 de marzo de 2020

Aprendemos sobre a Catedral de Santiago.

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de E.P. tiveron unha visita moi especial que lles axudou a aprender un pouquiño máis sobre a Catedral de Santiago. Laura, a mamá de Martín que é arquitecta folounos sobre a proceso de construción, das diferentes torres que a compoñen, contounos un conto sobre as esculturas do Portico da Gloria... e ata nos trouxo unhas maquetas elaboradas por ela mesma.

Laura, mil grazas por vir!

Despois os nenos e nenas pintaron a súa propia versión do Pórtico.



jueves, 27 de febrero de 2020

Trobadores, soldadeiras e xograres no camiño.






Nas aulas de 5º e 6º andamos a traballar neste trimestre a lírica galaico-portuguesa, seguramente  polo camiño de Santiago, na Idade Media, aló polos séculos XII-XIV, os trobadores, xograres, segreis e soldadeiras recitarían e cantarían algunhas das cantigas que chegaron ata os nosos días.

    Neste entroido de Centieiras o alumnado do 3º ciclo acompañou os peregrinos, resto do alumnado do centro, facendo gala do traballado nas aulas sobre a Idade Media e a importancia da nosa lingua.

Charla con Evaristo Amado Fernández



   

Entre o 9 e o 13 de marzo celebraremos no colexio  a Semana da Prensa. O mércores, día 19, como adianto tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Evaristo Amado Fernández, Coordinador da Fin de Semana na Axencia EFE. Evaristo é natural de Pontedeume, licenciouse en Periodismo na Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa en Madrid, o seu traballo na Axencia EFE consiste en redactar, editar e coordinar equipos de periodistas.





 A charla foi moi interesante e tivemos oportunidade de facerlle moitas preguntas as cales nos contestou encantado. Explicounos moi ben as diferentes tarefas as que se enfrentan cada día no seu traballo. Preguntámoslle porqué cada hai un atropelo ou accidente no noso pobo non sae en todas as cadeas de televisión ou como podían chegar tan rápido cando pasaba algo nun partido de fútbol. A moitos pareceunos  interesante eso de estar acreditado como periodista nos grandes acontecementos deportivos e poder ver todo o que acontecede dende primeira línea.




lunes, 24 de febrero de 2020

Tipoloxía textual: Cartel

Este segundo trimestre, unha das tipoloxías textuais que traballamos na aula de 1º de Educación Primaria foi o cartel. 
Primeiro analizamos diferentes tipos de carteis para máis tarde, utilizando un "thinking map", concretamente o "bubble map", extraer todo o que tiñan en común os carteis que observamos e ter máis claro o que obrigatoriamente tiña que ter o noso. 
Por último, cada neno e nena da clase realizou o seu para anunciar un acontecemento moi importante: a celebración do entroido! 
Na ilustración pódese ver a estreita relación que ten co noso Proxecto Documental Integrado: O camiño de Santiago! 



jueves, 20 de febrero de 2020

Visita Yolanda Castaño.

Hoxe a escritora Yolanda Castaño visitou a nosa biblioteca para falarlles aos nenos e nenas de primeiro e segundo do seu libro "Coller as rendas".
Contounos como comezou a súa andaina na poesía, recitounos algún poema, explicounos os motivos que a levaran a escribir este libro e ademais... firmounos os exemplares!
Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo!

domingo, 16 de febrero de 2020

Os e as artistas de 5º.

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, despois de realizar un pequeno tramo do Camiño de Santiago elaboraron na clase de "Arts&Crafts" réplicas das fotos que sacaron ese día. Ollade que ben lles quedaron! Bo traballo!






jueves, 13 de febrero de 2020

Contamos no recreo

Hoxe foi o turno de Anxo e Adrián. Coma todos o xoves, anunciaron o conto por megafonía e repartiron invitacións por todas as aulas.
Fixérono xenial!