miércoles, 12 de febrero de 2020
Día internacional da muller e da nena na ciencia.
martes, 11 de febrero de 2020
Aprendemos a programar!
Hoxe o alumnado de 3º e 4º asistiron a un curso de programación iniciándose no mundo da robótica. Foi realmente divertido e interesante!
Moitas grazas a Elena, nai de Breogán de 3ºB, que nos impartiu o curso desinteresadamente.
jueves, 30 de enero de 2020
O día da paz
Para rematar este día de convivencia, os nenos e as nenas de 5º e de 6º de educación primaria xunto co alumnado de Aspaneps, fixeron lecturas de textos pequeniños e mensaxes de paz para todo o alumnado. Finalizando coa interpretación da canción "Folerpas de Paz".
Agardamos repetir para o ano porque a experiencia foi marabillosa.
Axenda 2030
viernes, 24 de enero de 2020
Cinensino
lunes, 20 de enero de 2020
Familias lectoras
Paula, a nai de Xantal e de Tristán, veu contarnos o conto "Los nuevos vecinos". Unha historia moi divertida creada por Sarah Mclntyre, que nos fala do medo ao descoñecido e dos prexuízos.
Encantounos a historia!
jueves, 16 de enero de 2020
Contamos no recreo
Hoxe tocoulle o turno a Sara e a Nerea co conto "Tío Lobo".
Moitas grazas, rapazas!
jueves, 9 de enero de 2020
Contamos no recreo
Disfrutamos moito!
martes, 7 de enero de 2020
Comezamos a nosa andaina
O alumnado de Eucación Infantil neste primeiro trimestre aprendemos moitísimo sobre o Camiño de
Santiago:
Iniciamos o proxecto con
actividades de motivación, organizamos un foro de reflexión coa
participación da comunidade educativa que tivo a experiencia de peregrinar a
Santiago.
Todos os nenos e as nenas preparamos os elementos imprescindibles para facer a súa mochila e coñeceron a importancia da cantimplora á hora de hidratarnos no camiño.
Investigamos moito sobre a como a
cabaza que ademáis é propia do outono: tocamos, ulimos e bebimos dunha cabaza
de verdade, secamos as sementes. No nadal decoraron cabazas de cartulina con
motivos navideños para preparar un mural e decorar o espazo para a visita de
Papá Noel .
Seguindo cos elementos que caracterizan a peregrinaxe escoitamos a lenda “O milagre do cabaleiro das vieiras” que levan colgada da mochila e despois elaboramos unha con pasta branca e pintada de xeito creativo.
Tamén a través da destreza de pensamento dun Compara e contrasta entre o bastón que acompaña ao peregrino e outro de nadal.
Aprendimos o significado do habitual saúdo se te cruzas con alguén que peregrina “Bo Camiño”e traballamos o trato de amabilidade. Escribimos diferentes carteis e en distintos formatos para facer un panel con todos eles axudados polo 4º curso de de primaria para escribir
E elaboramos un agasallo de nadal para as familias que consistía nun prato de pasta branca con purpurina a modo de baleirabolsillos no que levaba inscrita a mensaxe “Bo Camiño”
jueves, 19 de diciembre de 2019
Inauguramos o recanto semicorchea!
Ollade como disfrutan!!
miércoles, 18 de diciembre de 2019
lunes, 16 de diciembre de 2019
Visita do Apalpador.
Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria desfrutaron dos seus contos e cancións.
Pasámolo xenial!!













