martes, 11 de marzo de 2025
8 de Marzo
martes, 25 de febrero de 2025
Día de Rosalía
Para festexar o día de Rosalía, queriamos compartir os seus poemas polas distintas prazas do Concello, pero dado que o tempo non nos acompañou, fixémolas na biblioteca do cole.
Foi moi emotivo ver ás familias vendo a todo o alumnado recitando poemas de Rosalía.
domingo, 16 de febrero de 2025
11 de Febreiro. Día da muller e da nena na Ciencia
viernes, 31 de enero de 2025
COMO BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET?
Este ano elaboramos esta guía sinxela para que todos e todas vós sexades quen de buscar información en internet e para que poidades diferenciar as páxinas fiables das que non o son.
lunes, 2 de diciembre de 2024
RECOMEDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Estanse achegando as vacacións de Nadal, e coma todos os anos, deixámosvos unhas recomendacións lectoras por se algún neno/a quere un agasallo tan bonito como é un libro.
sábado, 30 de noviembre de 2024
25N
O pasado 25 de novembro celebramos en colaboración coa FAMPA unha actividade para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Este ano a actividade estivo dirixida a tratar o ACOSO NA RÚA. A proposta consistíu en reproducir a iniciativa CHALK BACK, que consiste en escribir con xiz exemplos do que pensan que é o acoso na rúa como reflexión para intentar erradicalo.
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este mes de novembro, adicamos a nosa biblioteca á ciencia. Mantivemos as diferentes propostas todo o mes, para que o alumnado puidera desfrutar delas tanto nas horas semanais que acoden á biblioteca, coma nos recreos: experimentos, gafas de realidade virtual, debuxos para ver en realidade aumentada... e todo iso relacionado co PDI deste ano: Transformarte.
Podedes ver unha mostra do que alí se experimentou:
Paralelamente a isto, nas clases de música, mergulláronse nos sons a través de diversos programas onde poder experimentar coa música:
viernes, 29 de noviembre de 2024
COMEZAMOS COS PROGRAMAS DE RADIO!
Chegou o mes de Novembro e comezamos co primeiro programa de radio deste ano.
Se ainda non o escoitaches, so tes que premer no enlace que vos deixamos a continuación.
jueves, 28 de noviembre de 2024
LECTURAS COMPARTIDAS DE NOVEMBRO
miércoles, 20 de noviembre de 2024
NOVAS EXPERIENCIAS NA BIBLIOTECA, 6º EDUCACIÓN INFANTIL
Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados, desfrutamo do recando musical e tamén o recanto fedelleiro que tanto nos gusta.
PRIMEIRAS VISITAS Á BIBLIOTECA, 5º EDUCACIÓN INFANTIL
COÑECENDO A BIBLIOTECA, 4º EDUCACIÓN INFANTIL
Ao longo do mes de outubro as nenas e nenos de 4º de educación infanitil, fomos a coñecer a biblioteca. Este é un espazo moi relevante do noso centro, pois é onde levamos a cabo miles de actividades, onde podemos coller contos para ler na casa e na clase, onde explorar novos xogos, música e moitas máis cousas coas que desfrutar.
Neste primeiro trimestre aínda non imos levar libros para a casa, pero si que estamos escollendo algúns para a clase, aprendendon a colocalos, como tratalos, coñecendo as normas da biblioteca, explorando as posibilidades deste espazo e aprendendo a movernos por el.
Agardamos pasar moitos momentos especiais aquí.
jueves, 31 de octubre de 2024
LECTURAS COMPARTIDAS POLO SAMAÍN
O alumnado de 5º e de 6º de educación primaria continúa a realizar lecturas compartidas co resto dos nenos e das nenas do cole. Este mércores foi o primeiro encontro cos seus padriños e madriñas, e as lecturas foron moi terroríficas, ambientando a celebración por todo o alto que tivemos en Centieiras do Samaín e do Magosto. Pódese pedir máis?














