viernes, 31 de enero de 2025

COMO BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET?

Este ano elaboramos esta guía sinxela para que todos e todas vós sexades quen de buscar información en internet e para que poidades diferenciar as páxinas fiables das que non o son.

lunes, 2 de diciembre de 2024

RECOMEDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Estanse achegando as vacacións de Nadal, e coma todos os anos, deixámosvos unhas recomendacións lectoras por se algún neno/a quere un agasallo tan bonito como é un libro.


sábado, 30 de noviembre de 2024

25N



O pasado 25 de novembro celebramos en colaboración coa FAMPA unha actividade para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Este ano a actividade estivo dirixida a tratar o ACOSO NA RÚA. A proposta consistíu en reproducir a iniciativa CHALK BACK, que consiste en escribir con xiz exemplos do que pensan que é o acoso na rúa como reflexión para intentar erradicalo.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Este mes de novembro,  adicamos a nosa biblioteca á ciencia.  Mantivemos as diferentes propostas todo o mes, para que o alumnado puidera desfrutar delas tanto nas horas semanais que acoden á biblioteca, coma nos recreos: experimentos, gafas de realidade virtual, debuxos para ver en realidade aumentada... e todo iso relacionado co PDI deste ano: Transformarte.

Podedes ver unha mostra do que alí se experimentou:




Paralelamente a isto, nas clases de música, mergulláronse nos sons a través de diversos programas onde poder experimentar coa música:



viernes, 29 de noviembre de 2024

COMEZAMOS COS PROGRAMAS DE RADIO!

 Chegou o mes de Novembro e comezamos co primeiro programa de radio deste ano.

Se ainda non o escoitaches,  so tes que premer no enlace que vos deixamos a continuación.

PROGRAMA DE NOVEMBRO



jueves, 28 de noviembre de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS DE NOVEMBRO

Este mes de novembro continuamos coas tan desexadas lecturas compartidas. E como xa se coñecían os  padriños/madriñas e amadriñados/apadriñados, a actividade resultou moi doada.
Mirade que agustiño se lles ve:



miércoles, 20 de noviembre de 2024

NOVAS EXPERIENCIAS NA BIBLIOTECA, 6º EDUCACIÓN INFANTIL

 Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados, desfrutamo do recando musical e tamén o recanto fedelleiro que tanto nos gusta.



PRIMEIRAS VISITAS Á BIBLIOTECA, 5º EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de 5º de educación infantil comezou a visitar a biblioteca e a facer o empréstito do conto.

Na biblioteca teñen moitos recursos de aprendizaxe coma contos, xogos, música, pintura creativa, xogos de mesa,et...

Todos os martes visitaremos a biblioteca para desfrutala con actitude tranquila e respectuosa, tanto do espazo como dos libros e materiais para crear e consolidar hábitos lectores.







COÑECENDO A BIBLIOTECA, 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Ao longo do mes de outubro as nenas e nenos de 4º de educación infanitil, fomos a coñecer a biblioteca. Este é un espazo moi relevante do noso centro, pois é onde levamos a cabo miles de actividades, onde podemos coller contos para ler na casa e na clase, onde explorar novos xogos, música e moitas máis cousas coas que desfrutar.

Neste primeiro trimestre aínda non imos levar libros para a casa, pero si que estamos escollendo algúns para a clase, aprendendon a colocalos, como tratalos, coñecendo as normas da biblioteca, explorando as posibilidades deste espazo e aprendendo a movernos por el.

Agardamos pasar moitos momentos especiais aquí.





jueves, 31 de octubre de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS POLO SAMAÍN

O alumnado de 5º e de 6º de educación primaria continúa a realizar lecturas compartidas co resto dos nenos e das nenas do cole. Este mércores foi  o primeiro encontro cos seus padriños e madriñas, e as lecturas foron moi terroríficas,  ambientando a celebración por todo o alto que tivemos en Centieiras do Samaín e do Magosto. Pódese pedir máis? 













viernes, 25 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Onte, día 24 de outubro, festexamos no noso cole o Día das bibliotecas Escolares.

Para este día tan especial, fixemos unha gran exposición de libros polos corredores do cole, os libros favoritos de todos os nenos e as nenas, que contiñan unha breve explicación de por que lles gustaban tanto.

E como non, sairon as tan agardadas mochilas viaxeiras, cargadiñas de libros, revistas e ata un xornal.

Deixámosvos unha mostra do que pasou onte en Centieiras.

Clicade no enlace : DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 





viernes, 4 de octubre de 2024

INAUGURACIÓN DO PDI

O pasado venres inauguramos o noso proxecto de centro que este curso versará sobre a arte. Non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que valorando o noso: o Perla Mural Fest. 

Para isto realizamos unha andaina polos diferentes murais que adornan as rúas da nosa localidade. 

Fixemos unha primeira parada no Charanguista Andino, logo nos atopamos a Anf10n, mural do recén galardonado Sfhir e por último, chegamos ao terceiro Mural da 2º edición do festival: A far l’amore comincia tu! de Leticia Mandragora.


Neste traxecto tamén puidemos observar outros murais da anterior edición, entre eles: O mellor mural do mundo.

E rematamos a andaina na praza da escola, onde nos xuntamos todos os nenos e nenas. Alí estaba para recibirnos Diego Maceiras e facer unha pequena actuación para nós. Tocou varias cancións coñecidas polos nenos e nenas entre as que destacamos a canción de Pedro, moi contextualizada, xa que nesa praza está o Mural adicado a Rafaella Carrá.



Xuntamos así a pintura e a música, artes que este curso terán especial importancia na nosa escola.

Non queremos deixar de dar as grazas a Diego por participar nesta actividade tan fermosa e pola súa disposición este día e sempre. 

Cando chegamos ao cole levamos a cabo a nosa tradicional votación para darlle título ao proxecto. O título gañador foi: TRANSFORMARTE con 76 votos. 

Comezamos!








jueves, 30 de mayo de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Bo día!

Como queda pouco para a chegada do verán, deixámosvos as nosas propostas de lectura.

Agardamos que vos gusten!